Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Procesos participativos

participación

A participación articulouse como un elemento central no proceso de elaboración da estratexia EidusCoruña. O obxectivo era recompilar e analizar as sensibilidades da cidadanía e dos axentes sectoriais da cidade sobre os aspectos considerados clave para mellorar a cidade desde as perspectivas económica, ambiental, climática, demográfica e social.

Estas actuacións participativas en clave de cidade desde 2012 foron o xerme e o eixo vertebrador do deseño final da estratexia.

Esa descrición histórica da participación realizada con carácter previo á presentación de candidatura, pódese consultar no "Capítulo 6. Participación cidadá e dos axentes sociais" da estratexia EidusCoruña.

Procesos participativos previos a EidusCoruña

Aínda que comezaron no 2012 con consultas relacionados con outras estratexias de cidade e que foron o xerme da Eidus actual, a maioría tiveron lugar no ano 2015 en colexios, entidades e cidadanía en xeral. Esta é unha mostra dos procesos realizados ese ano:

Procesos participativos de EidusCoruña en execución

Proximamente poñeranse en marcha os procesos relacionados co desenvolvemento futuro da estratexia integral de cidade EidusCoruña, ademais daqueles procesos participativos específicos vinculados á posta en marcha dunha operación ou actuación concreta.

Procesos participativos sobre EidusCoruña finalizados

Aquí expoñeremos aqueles procesos participativos xa cerrados. Tras a consulta cidadá poñeranse a disposición da cidadanía os documentos cos resultados obtidos, para a súa consulta e descarga.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?