Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Plan de calidade EidusCoruña

O presente Plan de aseguramento da calidade ten por obxecto definir os controis que se aplicarán para garantir a correcta execución do "Manual de procedementos do Concello da Coruña" para as actuacións cofinanciadas polo FEDER en España, período de programación 2014-2020 do POCS.

A elaboración e desenvolvemento deste plan é unha iniciativa propia do Concello da Coruña, e define o seu interese e implicación na execución da súa Estratexia EidusCoruña con total transparencia, tanto na súa estrutura como na súa organización e desenvolvemento.

Este plan, entre outros mecanismos de control e seguimento, establece unha serie de grupos de traballo ou círculos que deben servir para vixiar e supervisar as actuacións municipais.

A medida que se vaian realizando as reunións previstas no plan, as súas actas iranse incluíndo no círculo que corresponda, tanto as actas de constitución como as obrigatorias.

Círculo de calidade

Este Círculo de calidade establécese como Grupo de Traballo (GT) tanto para mellorar algún aspecto do POCS como para tratar de buscar solucións a problemas detectados no seu desenvolvemento. Entre os seus obxectivos están:

  • asegurar o bo funcionamento do POCS, acadando a mellora continua do procedemento e toma de decisións en caso de necesitar realizar correccións nel tendo en conta a realidade da execución dos traballos.
  • verificar os resultados dos investimentos

Podes consultar as actas da súa actividade:

Círculo de Boas Prácticas en materia de comunicación

Este Grupo de Traballo pretende garantir a transparencia da Estratexia EidusCoruña e fomentar a comunicación á cidadanía, de modo que se poida visibilizar o impacto das actuacións cofinanciadas na cidade. Os seus obxectivos principais son:

  • detectar as "boas prácticas" de entre as actuacións cofinanciadas a través dos fondos europeos.
  • asegurar a visibilidade da achega da UE á cidadanía e o impacto das operacións cofinanciadas.
  • analizar o cumprimento do Manual de Comunicación e Imaxe

Grupo permanente sobre estratexia e desenvolvemento urbano

Para reflexionar sobre o avance do POCS e do impacto da Estratexia EidusCoruña sobre o modelo de cidade, e co fin de detectar incoherencias entre ambos, constitúese un Grupo de Traballo co nome de "Grupo permanente sobre estratexia e modelo de desenvolvemento urbano da cidade e contorna metropolitana". Son os seus obxectivos:

  • comprobar o avance das actuacións cofinanciadas e valoralas en relación ao modelo de cidade
  • detectar incoherencias entre os diferentes programas do Concello

Ofrecémosche a posibilidade de consultar as actas da actividade deste cícrculo:

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?