Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

EidusCoruña

Plan de execución de EidusCoruña

Mediante o Plan de execución, o Concello da Coruña quere poñer en marcha, dunha forma estruturada e planificada, a súa Estratexia EidusCoruña aprobada polos organismos públicos correspondentes.

Neste plan determínanse tamén as prioridades de investimento municipal para acadar os obxectivos establecidos.

Para levar a cabo este proceso realizáronse unha serie de manuais e documentos de soporte que nos deben axudar a executar correctamente unha estratexia adecuada e pensada para toda a cidade.

Estes documentos obtiveron o conforme da Xunta de Goberno Local na sesión extraordinaria do 1 de marzo de 2018 , na que se acordou o lanzamento do proxecto EidusCoruña. Complementariamente a estes acordos de aprobación, o alcalde decretou a delegación de funcións para a xestión de EidusCoruña na Dirección da Área de Economía e Facenda, especialmente daquelas estritamente necesarias para o exercicio das funcións que lle encomendan os manuais.

Manual de procedementos do Concello da Coruña

No que a nosa entidade local se establece como OIL para as actuacións para desenvolver dentro do programa POCS financiadas polo FEDER.

Remitiuno o Concello o 22 de decembro de 2017 ao Ministerio de Facenda e Función Pública (MINHAFP), e foi validado pola Dirección Xeral de Fondos Europeos (DGFE) o 4 de xaneiro de 2018.

Prioridades de investimento EidusCoruña

É un documento fundamental no que se define que, como, cando e canto. O Concello define así a parte da súa estratexia cofinanciada polos fondos FEDER. É realmente un plan de execución e desenvolvemento do Plan de implementación previsto.

Dado o seu interese, este documento ofrécese tamén en formato reutilizable (CSV) para a súa descarga e consulta.

Planificación da Estratexia EidusCoruña

Neste documento recóllese o cronograma das actuacións previstas e a senda financeira para todo o período de duración e sobre o global da estratexia da cidade, non só o seu Plan de implementación financiado por FEDER.

Resumo executivo

É un documento que resume os aspectos fundamentais da Estratexia EidusCoruña, incluíndo a previsión do seu custo e do cofinanciamento de parte dela polos fondos europeos FEDER.

Ten un carácter máis explicativo que outros formatos, e define máis amplamente a estrutura da estratexia en termos de Obxectivos Temáticos (OT) sobre os que o Concello se vai centrar, e Liñas de Actuación (LA) para a súa consecución.

Presentación de EidusCoruña en Power Point

É un resumo moi visual e sinxelo.

Nesta presentación explícanse os fundamentos básicos do proxecto estratéxico EidusCoruña nun formato breve de diapositivas que recollen os aspectos básicos do proxecto.

  • Concello da Coruña
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?