Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
INFORMACIÓN XERAL
Operación: Creación do observatorio municipal de igualdade e diversidade (LA32)
Obxectivo temático: Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza (OT9)
Orzamento: 65.722,36 €
Financiamento FEDER: 80%
Estado: En execución
Prazo execución: 7 meses
Contratista: Auren Consultores SP, SLP
DESCRICIÓN
Este proxecto consiste en desenvolver unha ferramenta de xestión urbana dotando de máis información e mellorando a accesibilidade ao Observatorio Municipal actual. Isto implica coñecer as dinámicas sociais, económicas, educativas, culturais e étnicas que contribúen ás desigualdades na cidade. Coa devandita información actualizada poderanse tomar decisións en base aos indicadores desenvolvidos e implementaranse estratexias efectivas para promover a igualdade. Como resultado, dispoñerase dun innovador instrumento para a xestión urbana da cidade e para a súa consulta por parte dos axentes sociais e cidadanía. Os seus obxectivos principais son os seguintes:
Esta actuación compleméntase coa adquisición dunha ferramenta de carga e xestión da información, e a posta en funcionamento dunha nova web, a través dun contrato con dous lotes:
Lote 1. Adquisición dunha ferramenta de carga e xestión de indicadores, e implementación do NOU-OMIDS na devandita ferramenta: permitirá monitorear e controlar indicadores de forma individual e agregada en diferentes áreas. Ademais, deseñarase para xerar e presentar información que facilite a toma de decisións e a rendición de contas. A ferramenta poderase instalar nos servidores municipais do Concello da Coruña ou nunha nube pública.
Lote 2. Posta en funcionamento dunha nova web NOU-OMIDS: levará a cabo a análise, deseño, validación e posta en funcionamento dunha nova contorna web para o Novo Observatorio Urbano (NOU-OMIDS). Esta contorna estará integrado coa Axenda Urbana da Coruña.
LIGAZÓNS DE INTERESE
23 de febreiro de 2024
La Voz de Galicia
20 de febreiro de 2024
La Opinión
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible