Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Enfoque xeral

Imaxe

A formulación básica sería acometer o tránsito dunha Estratexia DUSI e dun inxente pero inconexo traballo de reflexión estratéxica existente na Coruña e en case todo o sistema urbano español, a unha Axenda Urbana Territorial que intente traer ao plano local o debate e a forma de contribuír aos ODS da Axenda 2030, aos da Nova Axenda Urbana (NAU-Hábitat III), aos da Axenda Urbana para a UE, aos da Axenda Urbana do Eixo Atlántico e aos da Axenda Urbana Española, e integrar nun Plan de Acción da Nova Axenda Urbana da Coruña todo o que temos de reflexión estratéxica local e metropolitana.

O obxectivo é converter A Coruña nun punto focal de implementación, monitoraxe e avaliación dun Plan de acción de desenvolvemento urbano vinculado á realidade da nosa cidade e a súa área metropolitana, tomando en consideración o marco e os parámetros da Axenda Urbana Española (AUE) e da aplicación práctica e real dos principios e criterios de traballo da cadea de planificación estratéxica derivada dos ODS.

Para saber máis sobre como afrontar o camiño cara á Axenda Urbana da Coruña, podes ver o resumen ejecutivo deste proxecto. Tamén podes consultar esta en Presentación da Axenda Urbana da Coruña inglés.

E para máis información, podes visualizar este vídeo que describe o contido da Axenda Urbana da Coruña e o seu desenvolvemento.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión