Un sistema de indicadores dunha cidade é un instrumento crave e imprescindible de planificación estratéxica das políticas urbanas, particularmente as referidas a aspectos ambientais, sociais, de mobilidade, acceso á vivenda, económicas, etc, tanto no deseño das mesmas como na súa posterior avaliación, xa que sen indicadores non é posible deseñar políticas públicas sustentadas na análise da realidade da cidade nin avaliar o impacto e redeseño de dicha políticas públicas.
É así mesmo un mecanismo de seguimento que permite valorar o estado da cidade e determinar o grao e ritmo de execución dos plans e accións que levan a cabo dentro destas políticas.
Neste escenario o Concello da Coruña traballa de forma intensa na implantación dun sistema de información que dea soporte ao mantemento do seu panel de indicadores, así como á súa posterior explotación en base a información de xestión e cadros de mando, seguindo a máxima de que a mellora só se produce cando se mide.
16 de novembro de 2021
A Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible