Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Ligazóns de interese

Imaxe sobre a globalización de internet

Existen algunhas ligazóns de entidades e redes de traballo que consideramos de especial interese pola súa relevancia no noso traballo.

Ofrecémosche unha pequena mostra:

Multinacional

  • Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable. En 2015, a ONU aprobou a Axenda 2030 sobre o Desenvolvemento Sustentable, unha oportunidade para que os países e as súas sociedades emprendan un novo camiño co que mellorar a vida de todos, sen deixar a ninguén atrás. A Axenda conta con 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, que inclúen desde a eliminación da pobreza ata o combate ao cambio climático, a eduación, a igualdade da muller, a defensa do medio ambiente ou o deseño das nosas cidades.
  • ONU-Habitat . É o programa de Nacións Unidas que traballa por un mellor futuro urbano. A súa misión é promover o desenvolvemento de asentamentos humanos sustentables do punto de vista social e ambiental e proporcionar vivenda adecuada para todos e todas.
  • ONU. Habitat III. Ao longo da historia moderna, a urbanización foi un importante motor de desenvolvemento e redución da pobreza. Os gobernos poden responder a esta oportunidade clave de desenvolvemento a través de Hábitat III promovendo un novo modelo de desenvolvemento urbano que poida integrar todas as facetas do desenvolvemento sustentable para promover a equidade, o benestar e a prosperidade compartida.
  • Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD). Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. Na súa calidade de organismo principal das Nacións Unidas para o desenvolvemento, o PNUD está nunha posición única para axudar a implementar os Obxectivos a través do noso traballo nuns 170 países e territorios. O PNUD préstalles apoio aos gobernos para que integren os ODS nos seus plans e políticas nacionais de desenvolvemento. Este labor xa está en marcha mediante o apoio a moitos países para consolidar os progresos xa acadados en virtude dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.
  • Rede Mundial de Cidades e Gobernos Locais e Rexionais (CGLU). Esta Rede eríxese en portavoz de todos os tipos de gobernos locais e rexionais, representando e defendendo os seus intereses no plano global co obxectivo de ser a voz unida e representación mundial dos gobernos locais autónomos e democráticos, promovendo os seus valores, obxectivos e intereses, a través da cooperación entre os gobernos locais e rexionais, e ante a vasta comunidade internacional.
  • Rede Mundial de Cidades da Aprendizaxe da UNESCO (GNLC). É unha rede orientada á política internacional que proporciona inspiración, know-how e mellores prácticas. A Rede apoia o logro dos dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), en particular o ODS núm. 4 (Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe ao longo de toda a vida para todos) e o ODS núm. 11 (Conseguir que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sustentables).
  • Pacto Global das Nacións Unidas. É a iniciativa máis grande do mundo de sustentabilidade corporativa con máis de 8.000 empresas participando en 160 países. É un chamamento ás empresas para aliñar as súas estratexias e operacións con principios universais en materia de dereitos humanos, traballo, medio ambiente e anticorrupción, e a tomar accións que permitan avanzar nas metas da ONU e dos seus ODS.
  • Pacto dos Alcaldes (Covenant of Majors) É o maior movemento mundial de cidades pola acción local en clima e enerxía. Tivo lugar en 2008 en Europa co propósito de reunir os gobernos locais que voluntariamente se comprometeron a alcanzar e superar os obxectivos da UE en materia de clima e enerxía.
  • ICLEI. Local Governments for Sustainabilite. ICLEI é a rede mundial líder de máis de 1.500 cidades, pobos e rexións comprometidas coa construción dun futuro sustentable. Ao lle axudar á Rede ICLEI a ser sustentable, baixa en carbono, resistente, ecomóbil, biodiversa, eficiente no uso dos recursos e produtiva, saudable e feliz, cunha economía ecolóxica e infraestrutura intelixente, conséguese un impacto a máis do 25% da poboación urbana mundial.

De ámbito local

  • Estratexia Urbana EidusCoruña. EidusCoruña é o nome da Estratexia DUSI da cidade da Coruña que responde a un enfoque estratéxico e global cunha visión a longo prazo do modelo de cidade que se quere para a cidade. Esta estratexia trata de lles dar resposta aos problemas identificados na cidade e propón liñas de actuación concretas. Trátase dunha estratexia global definida e financiada polo Concello da Coruña que conta nunha parte concreta -Plan de Implementación- coa cofinanciamento dos fondos europeos FEDER.
  • Área Metropolitana da Coruña (AMAC). É a aposta estratéxica de área urbana que promoven os concellos de Abegondo, A Coruña, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada, co apoio do Consorcio das Mariñas, para favorecer un desenvolvemento urbano sustentable e integrado para o período 2014-2020, que aspira a facilitar a acción de transformación urbana, económica, ambiental, cultural e social desa contorna urbana.

Eurorrexional

  • Eixo Atlántico . O Eixo Atlántico do Noroeste Penínsular é un organismo sen ánimo de lucro que se dedica a apoiar todas aquelas iniciativas que fomenten a cooperación transfronteiriza dentro das directrices da Unión Europea. Esta eurorrexión inclúe cidades de Galicia e do norte de Portugal.
  • Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA). É unha asociación composta por 20 autoridades locais que representan case 400 municipios da costa atlántica europea cuxo obxectivo é desenvolver a cooperación entre os seus membros. Traballa con diferentes institucións para promover o papel das cidades en Europa e poñer de relevo a especificidade do Arco Atlántico.

De ámbito estatal

  • Axenda 2030. Alto Comisionado do Goberno español. O Alto Comisionado para a Axenda 2030 creouse baixo a dependencia directa do presidente do Goberno. Encárgase da coordinación de actuacións para o cumprimento da Axenda 2030 da Organización das Nacións Unidas. Unha España que acadase os ODS en 2030 será o país co que todas e todos soñamos. Representa unha forma de actuar no mundo. Por iso, a Axenda 2030 está xa no centro da visión de Estado e da acción de Goberno. 
  • Ministerio de Fomento. Axenda Urbana española. En cumprimento dos compromisos adquiridos coa UE e coas Nacións Unidas, o Ministerio de Fomento está a elaborar a Axenda Urbana Española (AUE). Trátase dun documento de carácter estratéxico e non normativo que busca orientar o sentido das políticas urbanas sustentables con obxectivos sociais, ambientais e económicos. Pretende ser un instrumento ao servizo de todas as administracións públicas no ámbito das súas respectivas competencias e principalmente dos concellos, para propiciar melloras nos ámbitos da normativa e a planificación, o financiamento, a gobernanza, o coñecemento, a transparencia e a participación.
  • Rede de Iniciativas Urbanas (RIU). É unha rede sectorial que se constitúe como principal mecanismo de coordinación en materia de desenvolvemento urbano e fondos comunitarios. É un foro aberto de intercambio de experiencias e boas prácticas urbanas que recibisen financiamento comunitario.
  • Rede Española para o Desenvolvemento Sustentable (REDS). Nada a principios de 2015, a súa misión é mobilizar e sensibilizar a sociedade española, as institucións públicas e o sector privado para que coñezan de maneira máis rigorosa e comprometida os ODS, así como favorecer a súa incorporación ás políticas públicas, ao ámbito empresarial e no comportamento da sociedade en xeral.
  • Rede de Redes de Desenvolvemento Local Sustentable (RdR/DLS). A Rede de Redes de Desenvolvemento Local Sustentable constituíuse en novembro de 2005, ao amparo do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, como foro de debate e intercambio de experiencias entre as distintas redes que a nivel autonómico e provincial traballan pola Axenda Local 21, co propósito de promover un concepto de cidade compacta, complexa, eficiente e cohesionada socialmente, considerando, á súa vez, o adecuado equilibrio entre o medio urbano e o rural. Actualmente, a Rede está formada por 18 redes provinciais e autonómicas ademais da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), a Rede CIVITAS España e Portugal, o Ministerio de Fomento (Dirección Xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo) e expertos, ostentando o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente o secretariado. A Rede representa arredor de 2.800 municipios cunha poboación de máis de 28 millóns de habitantes. O Ministerio de Medio Ambiente asumiu a secretaría desta rede.
  • FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias). A FEMP forma parte da Rede de Iniciativas Urbanas (RIU). É a Asociación de Entidades Locais de ámbito estatal con maior implantación, que agrupa concellos, deputacións, consellos e cabidos insulares, en total 7.324, que representan máis o 90% dos gobernos locais españois. É, ademais, a Sección Española do Consello de Municipios e Rexións de Europa (CMRE) e sede oficial da Organización Iberoamericana de Cooperación Intermunicipal (OICI).
  • Desenvolvemento de Medio Ambiente Urbano. O Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente traballa na Área de Medio Ambiente urbano. As cidades deben orientarse cara a escenarios máis sustentables para resolver os problemas ambientais, sociais e económicos que lle afectan á calidade de vida da cidadanía.
  • Atlas Dixital da Áreas Urbanas. O Atlas dixital é un xeoportal cunha interface sinxela e intuitiva que permite elaborar cartografía temática combinando variables a distintos niveis administrativos (CCAA, provincias, áreas urbanas e municipios). Permítelles ás persoas usuarias xerar ficheiros PDF, Excel, e JPG con información cartográfica e estatística.

De ámbito europeo

  • Rede Europea de investigación sobre sustentabilidade urbana (ERA-NETS). O esquema ERA-NET ten como obxectivo fomentar a ooperación e a coordinación das actividades e políticas de investigacións desenvolvidas nos estados membros e estados asociados a través dos seus respectivos programas de investigación, nacionais e rexionais, a apertura mutua e o desenvolvemento e implementación de actividades conxuntas.
  • DG REXIO. Esta Dirección Xeral é a encargada da política da UE sobre rexións e cidades.
  • EUKN (European Urban Knowledge Network). En galego, Rede Europea de Coñecemento Urbano. É unha iniciativa europea cuxo principal obxectivo é fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias relacionados co medio urbano.
  • UDN (Urban Development Network). A Rede de Desenvolvemento Urbano está composta por máis de 500 cidades / áreas urbanas en toda a UE, responsables de implementar accións integradas baseadas en estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable financiadas polo FEDER no período 2014-2020.
  • Urban Audit . Contén indicadores de Eurostat sobre case todos os aspectos relacionados coa calidade de vida nas cidades da UE, Noruega, Suíza e Turquía.
  • Marco Europeo de Referencia da Cidade Sustentable (RFCS). Unha aplicación web para guiar as cidades no seu propio camiño cara á sustentabilidade.

Obeservatorios

  • Observatorio Urbano do Concello da Coruña. É unha ferramenta de traballo dinámica, xeradora de información continua sobre a cidade; un centro de información estatística e un instrumento de visión e planificación urbana futura.
  • Observatorio da Mobilidade Metropolitana (OMM). É un instrumento de coordinación esencial para poder desenvolver políticas de mobilidade con criterios de sustentabilidade e para potenciar unha colaboración máis estreita entre as administracións competentes e os axentes implicados na mobilidade, coa finalidade de mellorar os sistemas de información e buscar o consenso e a participación nos procesos de toma de decisión.
  • Observatorio da Sustentabilidade de España (OS). O obxectivo do OS é facer unha radiografía real, veraz e independente da situación de España en temas de sustentabilidade, baseada en metodoloxías e indicadores destinados a describir a sustentabilidade de diversos procesos (ambientais, sociais e económicos) e avaliar mecanismos de xestión garantes dela (situación, tendencias e escenarios).
  • Observatorio de Vivenda e Solo. Publicación trimestral que permite utilizar os datos dispoñibles nas principais fontes estatísticas oficiais.
  • Observatorio da Vulnerabilidade Urbana. É un proxecto a longo prazo do Ministerio de Fomento, onde se dá cabida a distintos estudos relacionados coa Vulnerabilidade Urbana en España.

Outras Redes de interese

  • Rede de Políticas de Igualdade entre Mulleres e Homes nos Fondos Comunitarios. Coa finalidade de facer realidade os obxectivos en materia de igualdade de oportunidades establecidos na normativa comunitaria e nacional aplicable creouse esta Rede, integrada con carácter permanente polos órganos correspondentes da AGE, as CCAA, e a Comisión Europea. Esta Rede ten un papel esencial na coordinación e desenvolvemento da integración da igualdade de xénero nos FEIE.
  • Municipios Circulares. A economía circular expón converter aquilo que refugamos en novos recursos. Trátase de impulsar un novo sistema de produción e crecemento económico baseado nos principios da natureza, que reutilice ou recicle os materiais e residuos que xeramos para crear novas materias primas.
  • Rede de Cidades polo Clima. É a Sección da FEMP formada polos gobernos locais que están a integrar nas súas políticas a mitigación e adaptación ao cambio climático. A Rede xorde pola necesidade detectada dos concellos de coordinarse na loita contra o cambio climático, e coordina e impulsa as súas políticas locais permitindo alcanzar mellores resultados nesa loita e na mitigación dos seus efectos.
  • Rede Española de Cidades Intelixente (RECI), que son as que teñen que promover a xestión automática e eficiente das infraestruturas e os servizos urbanos, así como a redución do gasto público e a mellora da calidade dos servizos, conseguindo deste xeito atraer a actividade económica e xerando progreso. As claves sobre as que basear o progreso das cidades no próximos ano son a innovación e o coñecemento, apoiados nas TIC.
  • Rede de Cidades pola Bicicleta. É unha asociación composta por entidades locais que ten por obxecto a xeración dunha dinámica entre as cidades españolas co fin de facilitar, facer máis segura e desenvolver a circulación das e dos ciclistas, especialmente no medio urbano.
  • Rede de Cidades Saudables. É a sección da FEMP dedicada á promoción e protección da saúde e ao benestar da cidadanía, en concordancia cos principios de actuación correspondentes ao proxecto "Healthy Cities", da OMS.
  • Rede de Cidades que Camiñan. É unha asociación internacional aberta a todos aqueles municipios e administracións interesadas en mellorar a situación das persoas viandantes a través da posta en marcha e o intercambio de iniciativas dirixidas a mellorar a accesibilidade universal, a seguridade viaria e o propio medio ambiente.
  • Rede de Cidades de Ciencia e Innovación, Rede Innpulso. É o foro de encontro de todos aqueles concellos que pretenden avanzar na definición e aplicación de políticas locais innovadoras.
  • Rede A Cidade Viva. É unha iniciativa que se inscribe dentro dun proxecto político de mellora da habitabilidade urbana e territorial, a través do deseño social, sustentable e produtivo dos espazos públicos e domésticos das nosas cidades.
  • Rede de Gobernos Locais + Biodiversidade. Ten por obxecto a creación dun marco estable que impulse e promova a adopción de políticas, plans e programas en materia da conservación e o fomento da biodiversidade, a protección do medio hídrico, a restauración de espazos naturais degradados, a mellora da conectividade ecolóxica e a salvagarda dos ecosistemas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión