Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
O Concello da Coruña, no Pleno ordinario do 3 de decembro de 2020, adoptou por unanimidade de todos os grupos municipais unha serie de acordos en relación co lanzamento da Axenda Urbana A Coruña (AUAC) 2030.
Ademais deste acordo plenario relevante, existen outras fórmulas para a articulación e desenvolvemento da AUAC 2030.
Acordo plenario de lanzamento da AUAC 2030
Os acordos adoptados son:
Protocolo de actuación entre o MITMAU e o Concello da Coruña
Para establecer o marco de colaboración estable entre ambas as partes en todo o relacionado coa implantación da Axenda Urbana Española. Este protocolo exemplifica o compromiso dunha cidade española no desenvolvemento práctico e real da AUE ao longo do próximo período. Do mesmo xeito que o Memorando citado anteriormente, o 1 de xullo de 2020 a JGL adoptou o acordo para asinar o mencionado Protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Axenda Urbana e Vivenda do Ministerio e o Concello da Coruña para o recoñecemento dun proxecto piloto do Plan de acción da Axenda Urbana Española na Coruña.
Finalmente, a sinatura deste protocolo tivo lugar en Madrid, nas dependencias do Ministerio, o 28 de decembro de 2020.
Memorando de entendemento ONU-Habitat - Concello da Coruña
Este MoU (Memorandum of Understanding) entre o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Urbanos (ONU-Habitat) e o Concello da Coruña ten por obxecto establecer un marco de colaboración estable entre ambas as partes en todo o relacionado co desenvolvemento urbano sustentable. O fundamental será descubrir as dimensións urbanas de todos os ODS e establecer o sistema de indicadores do ODS núm. 11 e os de todas as dimensións urbanas de todos os ODS, incorporándoos no Observatorio Urbano da Coruña que contaría así mesmo cun enfoque de Igualdade e Diversidade e un ámbito metropolitano. A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 14 de decembro de 2018 , adoptou o acordo de aprobación do dito Memorando.
Convenio de Colaboración ONU-Habitat - Concello da Coruña
Este convenio entre o Programa das Nacións Unidas para os Asentamentos Urbanos (ONU-Hábitat) e o Concello da Coruña ten como obxecto establecer un protocolo de colaboración específico para o deseño e implementación dun plan de acción local e o seu correspondente sistema de indicadores relacionado co desenvolvemento urbano sustentable.
Descargas
29 de decembro de 2020
La Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible