Concello da Coruña

Concello da Coruña

Publicacións

Ademais do contido que che ofrecen os documentos técnicos seleccionados, que servirán de base para preparar e elaborar determinadas estratexias e proxectos urbanos, convén dedicar un tempo a outras lecturas que ofrecen unha visión máis ampla dun modelo urbano ou de cidade diferente ao que estamos afeitos.

Esta lecturas son reflexións, orientacións, recomendacións... que pretenden facernos valorar sobre como é a cidade na que vivimos, e formularnos como debería ser a cidade que en realidade queremos para vivir.

85 resultados

  • Planificación urbana integral, aprendendo de Europa

    Deputación de Barcelona, 2019. Nas últimas décadas existiu unha asombrosa expansión do urbano, dando como resultado unha crecente demanda cidadá de implicación no deseño e a xestión da súa contorna, polo que os instrumentos de planificación deben adaptarse e reinventarse incorporando novos métodos de traballo que aúnen os conceptos ambientais, económicos, sociais e participativos, nunha visión máis aberta e holística do desenvolvemento urbano, o que coñecemos como Planificación Urbana Integral (PUI), e que está a ser adaptado polas principais axendas globais, Axenda 2030 e Nova Axenda Urbana. Esta publicación baséase na experiencia dos principais programas de desenvolvemento sustentable europeos (URBACT, UIA e EDUSI) converténdoa nun bo manual para cambiar o «como facemos as cousas» e axudar ás institucións na implementación da PUI.

  • 10 cidades exemplo de Cidades do Mañá

    Good policies and practices to tackle urban challenges (abril 2011). Este estudo sintetiza dez estudos de casos completados no marco dun proceso de reflexión sobre 'Cities of Tomorrow', organizado e xestionado pola DG Regio, cuxo obxectivo principal foi destacar os principais desafíos para as cidades europeas durante a década seguinte, e identificar obxectivos, instrumentos e métodos que se poden implementar ao abordalos. Participaron aproximadamente 20 expertos sobre desenvolvemento urbano representando diferentes cidades europeas e diferentes sectores.

  • A Axenda 2030. Folla de ruta para cidades e pobos da Comunitat Valenciana

    Generalitat Valenciana, febreiro 2017. Nun mundo globalizado faise necesario implementar estratexias novas de desenvolvemento que acheguen ao benestar da sociedade. Xa en 1992, a Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento das Nacións Unidas (o Cume de Río) catalogou de indispensables as alianzas entre gobernos, sector privado e sociedade civil para acadar o desenvolvemento sustentable global. O Consell valenciano adopta un papel facilitador que pretende promover unha adecuada calidade de goberno local mediante o fortalecemento da capacidade de xestión política, técnica e administrativa dos concellos, para que xestionen e promovan o desenvolvemento sustentable e inclusivo, xa que o marco dos ODS é, en esencia, un compendio de bens públicos que debe ser garantido polas institucións políticas.

  • A Axenda do Cambio. Cara a unha economía inclusiva e sustentable

    Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital. 8 febreiro 2019. É a folla de ruta para sentar as bases dun desenvolvemento sustentable. Esta Axenda recolle máis de 60 medidas a curto e medio prazo para apoiar o proceso de transformación ecolóxica, converxer cos países máis desenvolvidos en termos de benestar e lograr unha sociedade máis igualitaria cunha taxa de paro aliñada coa media europea. Agrúpanse en 6 ámbitos para modernizar a educación, estimular a creación de emprego de calidade, impulsar a innovación e a produtividade, combater a desigualdade e avanzar cara a un sistema respectuoso co medio ambiente e unha administración máis eficiente ao servizo dos cidadáns.

  • A dimensión urbana das políticas da UE para unha Axenda Urbana

    Nesta comunicación preséntase a situación actual da UE en materia urbana, a situación actual da política urbana en Europa, os chamamentos para que se adopte unha axenda urbana para a UE, a dimensión mundial do desenvolvemento urbano, e as posibles vías futuras.

  • A europeización urbana a través da política de cohesión

    A análise de cuestións como a europeización urbana e a gobernanza urbana mostra como as cidades se foron convertendo en actores de nova centralidade política no marco da gobernanza europea, así como a evolución da acción pública urbana cara a novas formas de gobernanza.

  • A gobernanza europea. Un libro branco

    Bruxelas. 25-07-2001. A Comisión identificou a reforma da gobernanza europea como un dos seus catro obxectivos estratéxicos a principios de 2000. O Libro branco sobre a gobernanza europea refírese á maneira en que a Unión utiliza os poderes que lle outorga a súa cidadanía. O Libro branco propón abrir o proceso de elaboración das políticas da UE co fin de asociar un maior número de persoas e organizacións, o que se traducirá nunha maior transparencia e nunha maior capacidade para responsabilizar a todos os participantes.

  • A guía para a acción empresarial nos ODS

    SDG Compass (Compás dos ODS). O empresariado é un socio vital para conseguir os ODS. Nesta guía explícase como os ODS lles afectan aos negocios, ofrecendo as ferramentas e os coñecementos necesarios para poñer a sustentabilidade no centro da estratexia empresarial. A diferenza dos seus predecesores (os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio) os ODS fan un chamamento explícito a todas as empresas para que apliquen a súa creatividade e innovación para resolver os retos do desenvolvemento sustentable. O éxito dos ODS depende en gran medida da acción e da colaboración de todos os actores, polo que representan unha oportunidade para desenvolver e implementar solucións e tecnoloxías desde o empresariado e así facer fronte aos retos máis grandes do mundo en materia de desenvolvemento sustentable, tanto axudando a minimizar os impactos negativos como maximizando os impactos positivos nas persoas e no planeta.

  • A implantación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable na Xunta de Galicia. Principais implicacións e propostas

    Guillermo Santander Campos e Jorge A. Pérez Pineda (UCM). Xunta de Galicia. Febreiro 2018

    A adopción por parte da comunidade internacional da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable supuxo un fito de marcada relevancia a escala internacional. Este estudo responde a un encargo realizado pola Xunta de Galicia á Universidade Complutense de Madrid (UCM) para coñecer os principais retos e implicacións que pode comportar a incorporación da Axenda 2030 de Desenvolvemento Sustentable no seo do goberno galego.

  • A miña rexión, a miña Europa, o noso futuro: 7º informe sobre a cohesión económica, social e territorial

    O presente informe informa sobre como evolucionou a cohesión nas rexións da UE no pasado recente, e avalía o impacto que tiveron sobre ela as políticas nacionais, a política de cohesión e outras políticas da UE segundo o disposto no Tratado de Funcionamento da Unión Europea. Así mesmo, revisa as medidas que vinculan a eficacia dos Fondos EIE a unha boa gobernanza económica.

resultados 85

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión