Concello da Coruña

Concello da Coruña

Indicadores urbanos da área da Coruña

A estes indicadores pódese acceder de forma libre e gratuíta á Base de Datos dos Indicadores Descritivos da AUE para os municipios de máis de 5.000 habitantes. Desde esa mesma páxina pódense descargar os documentos en formato Access e OpenDocument.

Na devandita páxina atópanse os Indicadores descritivos da Axenda Urbana Española para o municipio da Coruña máis recentes dispoñibles.

A citada Base de Datos contén unha táboa con todos os municipios de máis de 5.000 habitantes e máis de 50 datos descritivos da Axenda Urbana Española, ademais doutra táboa na que se recollen o primeiro cuartil, o valor medio e o terceiro cuartil incluíndo a distribución en clústeres en función da poboación:

  • municipios de máis de 100.000 habitantes
  • municipios de entre 50.000 e 100.000
  • municipios de entre 20.000 e 50.000
  • municipios de entre 5.000 e 20.000 habitantes.

Trátase por tanto, dunha BD con máis de 200.000 datos que permite non só obter os datos relativos ao noso municipio, senón tamén realizar tanto unha comparativa cos municipios lindeiros como cos similares en poboación.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión