
O establecemento dun Sistema de Indicadores de Desenvolvemento Urbano Sustentable (SIDUS) na Coruña parte da convicción de que articular un sistema de indicadores é "condición sine qua non" para desenvolver unha axenda urbana ou un plan estratéxico de acción local derivado dela. Sen un SIDUS, non hai posibilidade algunha de desenvolver unha Axenda Urbana.
As guías metodolóxicas para a posta en marcha de sistemas de indicadores son aplicables tanto en procesos de ordenación urbanística como en tecidos urbanos existentes.
No caso da Coruña, falamos dunha contorna urbana colmatado, onde o preocupante non se atopa no plan de desenvolvemento (aínda que o é na área de oportunidade da liña marítima do porto interior na medida de que este se traslade a Punta Langosteira, Arteixo) senón nas actuacións de reurbanización sustentable do noso espazo urbano consolidado.
Os indicadores e criterios para os tecidos existentes fan referencia ás características que debe reunir unha cidade actual para acreditarse como sustentable en canto á consecución da habitabilidade urbana e da eficiencia do sistema urbano.
Compoñentes básicos do SIDUS
O desenvolvemento dun Sistema de Indicadores de Desenvolvemento Urbano Sustentable ha de conformarse cun panel de indicadores (341) deseñado en catro niveles:
Características do sistema de información
Desde A Coruña propoñemos a configuración dun sistema de indicadores que conte coas seguintes características:
Un sistema en desenvolvemento
A Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas resolveu en data 21 de xullo de 2017 (BOE nº176, de 25 de xullo de 2017) a concesión de axudas do FEDER, por importe de 15 millóns de euros ao Concello da Coruña para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrada (EDUSI).
No marco da execución da Liña de Actuación 32 de EidusCoruña, aprobouse unha operación para o desenvolvemento do novo Observatorio Urbano da Coruña, que consistirá en:
Fontes do SIDUS
O SIDUS da Coruña componse dun número elevado de indicadores de diferente procedencia. Para saber máis sobre esas fontes, podes consultar a sección "Fontes para un sistema de indicadores".
16 de novembro de 2021
A Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible