Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Axendas Internacionais

Imaxe

En setembro de 2015 aprobouse a Axenda de Desenvolvemento 2030 e dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). En 2016 adoptáronse os contidos da Nova Axenda Urbana (NAU) durante a celebración de Terceira Conferencia de Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentable (HABITAT III) celebrada en Quito (Ecuador). Esta NAU, enmarcada no Obxectivo nº 11 da Axenda de desenvolvemento 2030, é un documento orientado á acción que marcará as políticas públicas en materia de desenvolvemento urbano para os próximos 20 anos.

O marco internacional complétase co Pacto de Ámsterdam e o desenvolvemento dos partenariados que conforman o núcleo da Axenda Urbana para a Unión Europea, así como coa primeira Axenda Urbana euro-rexional que incide no noso ámbito xeográfico: a do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

Axenda 2030 e as súas ODS

Éa Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable (NNUU, 2015) un plan de acción en favor das persoas, o planeta e a prosperidade e ofrece un marco homoxéneo para a planificación do desenvolvemento sustentable. O maior desafío ao que se enfronta o mundo, e que constitúe un requisito indispensable para o desenvolvemento sustentable, é a erradicación da pobreza en todas as súas formas e dimensións, incluída a pobreza extrema.

Os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) son un chamamento universal á adopción de medidas para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e garantir que todas as persoas gocen de paz e prosperidade. Estes 17 Obxectivos, baseados nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, inclúen novas esferas como o cambio climático, a desigualdade económica, a innovación, o consumo sustentable e a paz e a xustiza, entre outras prioridades. Os Obxectivos están interrelacionados, de forma que a clave do éxito dun involucrará as cuestións máis frecuentemente vinculadas con outro. Levan un espírito de colaboración para as xeracións futuras, e proporcionan orientacións e metas claras para todos os países, de conformidade coas súas prioridades e os desafíos ambientais do mundo en xeral. Os ODS configúranse como unha axenda inclusiva.

Nova Axenda Urbana Habitat III

Foina Nova Axenda Urbana de Nacións Unidas. Hábitat III (NNUU, 2017) adoptada en 2016, na celebración da III Conferencia de Nacións Unidas sobre Vivenda e Desenvolvemento Urbano Sustentable (Habitat III), e é un documento que marcará as políticas públicas en materia de desenvolvemento urbano para os próximos 20 anos. Aborda algún dos ODS da Axenda 2030, con especial dedicación ao ODS 11"Cidades e comunidades sustentables". Busca promover cidades máis incluyentes, compactas e conectadas mediante a planificación e o deseño urbano, a gobernanza, a lexislación urbana e un novo modelo de economía urbana. A NAU incorpora principios e valores como:

  • asegurar que ninguén quede atrás
  • asegurar o desenvolvemento de economías urbanas sustentables e inclusivas
  • garantir a sustentabilidade do medio ambiente.

A Axenda Urbana para a UE

A Axenda Urbana para a UE constitúe o marco para todas as iniciativas en materia de política urbana. A Axenda persegue outorgar ás cidades e ás autoridades urbanas un papel central no desenvolvemento desa Europa intelixente, sustentable e inclusiva que se definía no acordo "Europa 2020".

Para o desenvolvemento desta Axenda Urbana da UE creáronse Partenariados para traballar sobre unha serie de temas concretos, tentando propoñer melloras en cada un dos tres puntos básicos comúns a cada grupo de traballo: mellorar os aspectos de regulación, mellorar os aspectos de financiamento e mellorar cuestións relacionadas co intercambio de coñecemento. Os Partenariados Temáticos organizáronse sobre:

  • Inclusión de refuxiados e migrantes
  • Calidade do aire
  • Pobreza e rexeneración urbana
  • Vivenda
  • Economía circular
  • Emprego e capacitación na economía local
  • Cambio Climático
  • Transición enerxética
  • Uso sustentable do chan e solucións baseadas na natureza
  • Mobilidade urbana
  • Transición dixital (Smart Cities)
  • Contratación pública innovadora e responsable

Así mesmo, identificáronse outra serie de temas transversais, que serán comúns e traballaranse en todos os Partenariados (enfoque integrado, rexeneración urbana, etc.). A súa función será a identificación dos problemas e a proposta dun Plan de Acción con solucións en relación a cada tema sobre como conseguir que as políticas comunitarias alcancen unha mellor regulación, un mellor financiamento, e un mellor intercambio de coñecemento.

A Axenda Urbana do Eixo Atlántico

Éa Axenda Urbana do Eixo Atlántico un instrumento de desenvolvemento rexional ao servizo do sistema urbano da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, sen esquecer que se trata de sentar as bases dunha reflexión, pois son as cidades as que deben tomar as súas propias decisións. É un instrumento para facer das cidades o espazo nuclear de crecemento intelixente, sustentable e integrador, dentro dun marco estratéxico xeneral europeo. Esta Axenda é o referente integrador do esforzo colectivo das cidades de Galicia e o Norte de Portugal, que lles permita liderar o crecemento do futuro próximo, potenciando as plusvalías que representa o marco eurorregional de cooperación entre as administracións públicas locais.

Posteriormente o Eixo Atlántico elaborou un Plan de acción da Axenda Urbana do Eixo Atlántico concibido como un marco de referencia dotado de instrumentos válidos para conseguir os obxectivos acordados na Axenda. O plan de Acción estrutúrase ao redor de catro prioridades estratéxicas que abarcan ámbitos sectoriais como: construír a cidade do futuro, desenvolver a economía e promover o emprego, impulsar a cohesión territorial e responder o reto demográfico, e afirmar o espazo euro-rexional.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión