
A estes indicadores pódese acceder de forma libre e gratuíta á Base de Datos dos Indicadores Descritivos da AUE para os municipios de máis de 5.000 habitantes. Desde esa mesma páxina pódense descargar os documentos en formato Access e OpenDocument.
Na devandita páxina atópanse os Indicadores descritivos da Axenda Urbana Española para o municipio da Coruña máis recentes dispoñibles.
A citada Base de Datos contén unha táboa con todos os municipios de máis de 5.000 habitantes e máis de 50 datos descritivos da Axenda Urbana Española, ademais doutra táboa na que se recollen o primeiro cuartil, o valor medio e o terceiro cuartil incluíndo a distribución en clústeres en función da poboación:
Trátase por tanto, dunha BD con máis de 200.000 datos que permite non só obter os datos relativos ao noso municipio, senón tamén realizar tanto unha comparativa cos municipios lindeiros como cos similares en poboación.
16 de novembro de 2021
A Opinión A Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible