Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xulio César por Nicolás Coustou, procedente do arquivo de Wikipedia.

César

Cando Roma chegou a Elviña

Segundo relata o senador e historiador romano Dion Casio, o propio Xulio César dirixiu unha expedición procedente de Gades (Cádiz) que chegou por mar a Brigantium, no seu período como pretor da Hispania Ulterior.

Naqueles tempos, César procuraba obter beneficio económico para financiar posteriores campañas, así como obter prestixio e crédito militar como dirixente político. Para iso, realizou sucesivos asaltos na fachada atlántica, na actual área entre Porto e o río Miño, e despois, na área de Brigantium. Así o relatou Dion Casio:

«Despois, César, facendo vir unha barcaza desde Gades, atravesou con todo o seu exército e, sen loita, someteu a todos os que estaban nunha mala situación por falta de víveres. E desde alí, navegando ao longo da costa, cara a Brigantium, cidade da Gallaecia, atemorizounos e someteu polo ruxido da súa embarcación, pois xamais viran unha escuadra».

Hoxe en día sabemos que a última afirmación de Dion Casio non é completamente certa, pois coñecemos numerosas evidencias da interacción entre os navegantes gaditanos e os habitantes das costas ártabras (polo menos, desde o século V a.C.). Con todo, é posible que o carácter desta chegada supuxese un cambio nas formas de relacionarse con eles, que anteriormente era pacífica. A pesar das súas intencións bélicas, aínda non é posible afirmar que a chegada de César provocase un verdadeiro conflito armado nesta área, mais si é posible que, dunha forma ou outra, a "visita" do carismático político romano producise un cambio paradigmático nos últimos anos de Elviña como gran poboado fortificado da Idade do Ferro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión