Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Antigo Brigantium

A península coruñesa en época romana coa zona de ocupación, edificacións, achados e sistema viario (PÉREZ LOSADA, F. 2004: Entre a cidade e a aldea: estudo arqueohistórico dos "aglomerados secundarios" romanos en Galicia, Brigantium, 13, Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón, A Coruña, Fig. 32).

O enclave romano de Brigantium

Un asentamento antigo baixo a cidade moderna

O enclave romano da Coruña, o Brigantium citado polos autores clásicos, tivo a súa orixe e desenvolvemento ligado á súa situación xeográfica, relacionada co destacado papel que cumpriu na navegación atlántica. Esta ruta atlántica abastecía de metais os grandes centros do Mediterráneo desde épocas prehistóricas, e consolidouse conforme se aproxima o cambio de era a través dos comerciantes que, desde o Mediterráneo e tras Gades e a costa lusitana, recalan nas nosas rías.

Na actual Dársena da Mariña, barrio da Peixería, praza de María Pita, rúa Real e parte da Cidade Vella, ocupando un espazo duns 600 m de lonxitude por 150 m de ancho, localizábase o antigo asentamento de Brigantium. O coñecemento que podemos ter sobre el débese ás fontes escritas e epigráficas, sumado ao labor dunha arqueoloxía urbana realizada por profesionais, capacitados na análise e no rexistro dos arquivos da terra baixo condicións complexas.

Grazas a este labor, sabemos que o asentamento presentaba unha tipoloxía semellante á doutros portos da antigüidade. Dentro dunha península rochosa, ocupaba o lado costeiro meridional, mellor protexido dos ventos e os embates do mar, así como con máis horas de luminosidade e calor.

Desde o punto de vista urbanístico e construtivo, o hábitat presentaría unha distribución lonxitudinal curva, adaptada á liña de costa, cunha parte alta nas ladeiras rochosas e unha inferior nos areais, onde se situaría o porto romano. Os restos das edificacións escavadas indican usos residenciais, domésticos e artesanais de propiedade privada, coa excepción do porto e o faro.

Suponse que as construcións estarían agrupadas en maior ou menos medida, en relación coas rúas e espazos públicos e cun trazado probablemente regularizado. A falta de sistemas de infraestrutura urbana como rúas, saneamento e sumidoiros, fixo pensar que o enclave se foi ampliando en función das necesidades, sen a aplicación dun plan urbanístico previo. Con todo, a disposición orientada e uniforme das estruturas romanas coñecidas, case coincidentes coa trama urbana moderna, poderían indicar unha estruturación hipodámica.

Entre finais do século V e inicios do VI d.C. e coa caída do Imperio Romano de Occidente, as estruturas do Estado e do comercio marítimo tamén caerán polo seu propio peso. Esta realidade vese reflectida desde o punto de vista arqueolóxico, coa ocupación do antigo espazo habitacional por parte dunha necrópole baixoimperial, na rúa Real.

Antigo Brigantium

Zona de ocupación romana de Brigantium coas distribucións de restos e posibles eixes urbanísticos antigos. PÉREZ LOSADA, F. 2004: Entre a cidade e a aldea: estudo arqueohistórico dos "aglomerados secundarios" romanos en Galicia, Brigantium, 13, Boletín do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón, A Coruña. Fig. 34)

Antigo Brigantium

Lápida de Statorio (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión