Vista do alxibe desde un dos seus laterais
Un pozo de carácter monumental
O alxibe é a única estrutura de almacenamento de auga que se conserva no castro. Situado na zona sur da segunda terraza, constitúe o principal medio de abastecemento do poboado.
O alxibe de Elviña ten 12 metros de longo e case 6 de fondura, e dispón de dúas escaleiras enfrontadas que descenden ata a súa base. Non é o único exemplo que se coñece para a Idade do Hierro (contamos con dous exemplos en San Cibrao de Lás e un en Viladonga), pero si o de maior monumentalidade.
O muro que lle rodea actualmente foi construído nos s. XVIII-XIX, retirado tras as escavacións dos anos 50, e volto reconstruír nos anos 80 a petición dos veciños. Con todo, é bastante probable que o alxibe contase cun muro perimetral de semellantes características.
Denomínase "pozo-alxibe" porque non só funciona como estrutura de aprovisionamento de augas, como faría un alxibe normal, senón que tamén recolle a auga dun manancial natural que segue brotando auga na actualidade. Os cambios de estación son moi perceptibles no alxibe: ao carecer de desaugadoiro, énchese de auga ata o último chanzo das escaleiras no outono e inverno. No verán, en épocas de moita seca, pode ser posible apreciar, mesmo, a estrutura circular que define o depósito.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible