Anverso e reverso de moeda de Claudio II Gótico, 268-270 d.C. (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)
Moeda de Claudio II Gótico
A economía na conquista e a decadencia
Co proceso de romanización consolidáronse rutas comerciais de diverso alcance, moitas delas utilizadas durante a Idade do Ferro. Afianzouse un tráfico estable entre o Mediterráneo oriental e as illas británicas e os límites continentais do imperio, no que as costas galaicas exerceron un papel fundamental como zonas de calado, dentro deste comercio de cabotaxe de longa distancia.
Dentro dos produtos foráneos implantados, merece mención especial a circulación monetaria. De feito, a moeda en canto elemento de valor fiduciario utilizarase coa chegada de Roma, xa que non aparece documentada na Galicia prerromana, a diferenza doutras culturas coetáneas da península Ibérica e da Europa Occidental.
O uso da moeda multiplicarase durante os séculos III e IV, sendo perceptibles os altos e baixos sufridos pola economía imperial nesas centurias nos seus valores e calidades. A esa fase, momento no que o castro parece estar xa en fase de decadencia e abandono, pertence a moeda de Claudio II Gótico, exposta nas vitrinas do Museo de San Antón.
O emperador reinou entre os anos 268 e 270, e foi responsable do triunfo das lexións romanas sobre os godos, pobos orixinarios da Xermania oriental, feito polo cal recibiría o dito sobrenome.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible