Concello da Coruña

Concello da Coruña

Base ou meta de muíño circular romano (Museo Arqueolóxico e Histórico do castelo de San Antón da Coruña)

Muíño circular

Muíño circular

Unha economía de base agrícola

Os muíños circulares ou rotatorios defínense por unha base redonda coa parte superior cónica, habitualmente coñecida como meta, sobre a que se situaba unha peza superior, tamén redonda, pero cun buraco no medio, que funcionaba como superficie de moenda, e que neste tipo de pezas é coñecida como catillus. Este aparello funcionaba facendo rotar a pedra de moenda sobre a base, de maneira manual, a través dunha peza de madeira colocada nun engarzamento tallado no bordo da peza superior. O cereal introducíase polo orificio, que era trillado e expulsado por ambas as pezas.

O muíño circular introdúcese no Noroeste durante a Idade do Ferro. Anteriormente, empregábanse muíños de man, definidos por unha base lítica plana e unha man de muíño. A aparición destes muíños rotatorios, máis eficaces para os labores agrícolas, facilitaban o traballo de moenda. Este avance debeuse aos contactos culturais con outras culturas, sucedendo de forma natural e orgánica ao longo de todo o territorio galaico. Estes exemplares servirían de prototipo para as posteriores rodas de muíños hidráulicos tradicionais.

Son moitos os exemplos de muíños rotatorios documentados en Elviña. Algúns deles, mesmo, consérvanse encastrados nas murallas ou en edificacións de distinto tipo. Os traballos agrícolas desenvolvidos no castro probablemente requiriron de arado, fetilizado intensivo e rotación de cultivos ou barbeito. Entre os cereais destacaban os chamados trigos espidos e vestidos, moi resistentes a condicións de frío e humidade, así como o panizo, propio de tempos secos e de crecemento estival.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xuño - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 31 de maio)

Domingos ás 12.00 h

Contacto

RESERVA PREVIA no teléfono do Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión