Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Ámbitos domésticos

Planta dunha unidade doméstica

Ámbitos domésticos

A evolución da unidade familiar

As vivendas non son só un teito baixo o que resgardarse: son unha consecuencia dos distintos factores socioculturais, climáticos, tecnolóxicos e simbólicos, e as de Elviña reflicten a transformación dunha sociedade durante máis de 400 anos.

A maioría das estruturas achadas no castro de Elviña son vivendas ou construcións domésticas: entre elas recóllense exemplos das diferentes tipoloxías coñecidas para os castros do noroeste peninsular. Esta variedade construtiva evidencia o profundo cambio cultural que trouxo a romanización.

As unidades domésticas sitúanse principalmente na croa, de entre as zonas que foron escavadas, aínda que tamén podemos atopalas nas ladeiras sur e sueste do castro, as zonas máis protexidas do vento do norte e con maior exposición durante as horas de sol.

Cada unidade doméstica está constituída por varias construcións con diferente funcionalidade (habitación e almacenamento, principalmente), conectadas entre si por espazos intermedios que funcionan como patios, e pegadas unhas a outras. Desta forma articúlanse unha serie de relacións espaciais que condicionan a circulación interior e que lles confiren unha certa independencia do resto das vivendas.

O número de construcións e espazos que forman cada unidade doméstica varía dunhas a outras.

A tradición

As vivendas de pedra máis antigas que podemos ver no castro de Elviña son as de planta circular, que datan de entre os séculos IV e I a.C. As vivendas teñen entre 3 e 5 metros de diámetro e carecen de divisións internas. Nelas todos os membros da familia convivían nunha única habitación.

Estaban cubertas con tellados cónicos de palla, a solución máis rendible para facer fronte ás frecuentes choivas da zona. Este tipo de cubrición obrigaba a construír as vivendas separadas unhas doutras para poder desaugar a auga dos tellados sen que caese na vivenda do lado.

A porta é o único van de iluminación, é dicir, as vivendas máis tradicionais non tiñan ventás. No centro dispoñíase un poste que sostiña a cuberta, e ao pé deste poste normalmente estaba o fogar. As distintas zonas de uso da vivenda viñan definidas pola iluminación: na zona máis iluminada e visible desde o exterior desenvolvíanse as actividades principais (preparación de alimentos, elaboración de útiles e tecidos,...), e na zona de semiescuridade, cun maior grao de privacidade, durmían e almacenaban o enxoval doméstico.

Ámbitos domésticos

Planta dunha construción doméstica

A transición

Arredor dos séculos III e II a.C. as vivendas comezaron a sufrir importantes cambios nas súas estruturas. Xunto ás vivendas circulares apareceron outras de plantas ovaladas que ademais permitían unha mellor adaptación ao terreo.

Do mesmo xeito que na fase anterior, a decoración interior da vivenda non se ten en conta e as vivendas teñen uns muros de dobre cara moito máis coidados no exterior. Aínda non existe unha gran preocupación estética.

As esquinas destas vivendas empezaron sendo redondeadas e aos poucos irán integrando esquinas en ángulo vivo, co que xa teriamos que falar de estruturas de planta mixta.

Ámbitos domésticos

Planta dunha construción doméstica

O cambio

A conquista romana introduciu as vivendas de planta cadrada e rectangular, que combinaban esquinas vivas e redondeadas, e nas que se aprecia unha importante mellora das técnicas construtivas e o interese pola decoración.

Ademais, as vivendas empezan a cubrirse de tella e a dividirse en estancias interiores. Tamén se crean estruturas de control do acceso á vivenda (atrios pavimentados, chanzos ou limiares perfectamente definidos), que diferenciaron claramente tres zonas nela: un espazo público, outro semipúblico e unha área totalmente privada.

O fogar pasou a situarse nun lateral para aproveitar mellor o espazo interior da vivenda. No exterior as construcións tamén empezaron a organizarse dunha forma máis ordenada, seguindo un patrón máis racionalizado e intercalándose coas antigas vivendas circulares e ovaladas.

Esta foi a forma de construír desde o século I a.C. ata o abandono do castro, no II d.C., e que definiu as estruturas que vemos hoxe en día en Elviña.

  • Ámbitos domésticos

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión