Fotografía aérea das construcións da segunda terraza e o acceso suroeste á acrópole desde esta.
Un acceso monumental cara a poñente
A terraza máis pequena discorre ao oeste e sur, por debaixo da acrópole, e está delimitada por unha muralla de 1,5 metros de espesor. Na parte máis oriental únese coa muralla sur da acrópole, e pénsase que foi levantada nunha fase avanzada, aproveitando unha estrutura anterior.
Nela atópase un acceso de carácter monumental á acrópole: a coñecida como entrada suroeste está formada por unha rampla pavimentada e dous torreóns que a flanquean.
Do mesmo xeito que a maior parte do castro, esta zona aínda non foi totalmente escavada e descoñecemos que pode albergar no seu interior. Mantense practicamente intacta, agardando a que intervencións futuras poñan ao descuberto novas estruturas e materiais que acheguen máis información e coñecemento sobre este castro.
Fotografía aérea da acrópole e, á dereita, a segunda terraza
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible