Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir
Xulio César

Xulio César por Nicolás Coustou, procedente do arquivo de Wikipedia.

César

Cando Roma chegou a Elviña

No ano 61 a. C., tal como conta o senador e historiador romano Dión Casio, o propio Xulio César dirixiu unha expedición procedente de Gades (Cádiz) que chegou por mar a Brigantium, durante a súa estadía na Península Ibérica.

Non sería o primeiro contacto dos romanos cos ártabros, poboadores desta zona do noroeste galaico. O seu obxectivo era establecer contactos e rutas comerciais neste territorio, que puideron materializarse na fundación dun pequeno asentamento colonial de importancia estratéxica nos límites do imperio. A escasa poboación local tivo que asistir a un espectáculo inédito nas súas costas, coa chegada da escuadra de Roma.

Deste xeito establecíase unha ruta de comercio marítimo que impulsaría o crecemento de Brigantium e que se concretaría máis adiante na construción do faro romano no século I: a Torre de Hércules. Quedaría aberta a navegación de altura cara ao "Mare Britanicum".

A romanización vai ser un proceso dilatado no tempo, durante o que se transformarán os asentamentos dos poboadores anteriores á chegada dos romanos. Nel, o castro de Elviña, do mesmo xeito que o resto de castros de Galicia, cambiará substancialmente a súa estrutura e funcións.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Horario de verán

(1 de xullo - 30 de setembro)

Sábados e domingos ás 12.00 h

Xoves do mes de xullo (excepto festivos) ás 20.30 h

Horario de inverno

(1 de outubro - 30 de xuño)

Domingos ás 12:00 h

Contacto

Debido á actual situación sanitaria, as visitas terán unha capacide máxima de 15 persoas e será necesaria RESERVA PREVIA no teléfono do 

Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón

981 189 850

Chamadas locais: 010 / 981 184 278

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión