Lousa de grafito
A inscrición do Templo
Un enigma por descubrir
Durante a escavación do Templo do Ídolo Fálico, ademais do coñecido relevo escultórico que lle dá nome ao edificio, documentouse unha pequena lousa cunha inscrición. José María Luengo, responsable da escavación, estimou que se trataba dun exvoto escrito en latín cursivo, que realizaría un tal "Tinginatus" ou "Tivigenius" a unha divindade descoñecida.
Na actualidade, os últimos estudos indican que a interpretación de José María Luengo non era correcta, pois podemos descartar que estivese escrito en latín. Desgraciadamente, descoñecemos a lingua na que estaba escrita ou o silabario ao que pertence, sendo posible que non se trate dun texto verdadeiro, senón dunha imitación de escritura feito por xente que descoñecía a linguaxe escrita. Con todo, aínda queda moito por investigar e descubrir sobre a orixe desta enigmática inscrición.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible