Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Coruña No Mar 2026

Tras o éxito das edicións das anteriores edicións (2021, 2022, 2023, 2024 e 2025) do Programa Coruña no Mar no verán, o Concello da Coruña pon en marcha unha nova convocatoria para o 2026.

Este programa procura axudarlle á veciñanza a saberse desenvolver no seu contorno, desenvolvendo a súa propia identidade e realizando actividades acuáticas deportivas no marco da nosa cidade.

Todo iso empregando o gran potencial de infraestruturas e entidades deportivas coas que conta a cidade, podendo deste xeito realizar unha oferta a toda a cidadanía, baseada na facilidade de oportunidades de aprendizaxe, dirixida ao mar como contorno próximo e cotián na vida das persoas.

CONVOCATORIA - Coruña no Mar 2026

PERSOAS DESTINATARIAS

A convocatoria vai dirixida a toda a cidadanía do Concello da Coruña, atendendo ás franxas de idades e número de prazas dispoñibles para cada un dos cursos e actividades ofertadas no programa, co único requisito de saber nadar 25m sen material auxiliar e cumprir co requisito da idade mínima requirida para cada un dos cursos ou actividades que se vaian solicitar.

A idade requirida para as persoas participantes está referida á que terán cumprida a 31 de decembro de 2026.

PRAZOS

Establécese un único prazo de solicitude para todas as actividades do programa, coas seguintes datas:

  • Solicitudes: 27 de maio ao 29 de maio ás 23.59 h
  • Listaxe provisional de solicitantes: 2 de xuño a partir das 15.00 h
  • Prazo de corrección: dende a publicación da listaxe provisional de solicitantes e ata o 4 de xuño remitindo un correo electrónico ao correo electrónico programasdeportivos@coruna.gal.
  • Listaxe definitiva de solicitantes: 5 de xuño partir das 13.30 h
  • Sorteo: o 8 de xuño, ás 12.30 h 
  • Listaxe de persoas admitidas/en agarda: 9 de xuño.
  • Formalizacion da matrícula: do 12 ao 18 de xuño de 2025
    • Presencial: Acudindo á caixa do Palacio dos Deportes de Riazor (rúa Manuel Murguía, s/n), en horario das 8.15 ás 13.00 h. Terán preferencia as persoas que concerten unha cita previa www.citaprevia.coruna.gal e no seu horario.
    • En Liña: a través da plataforma CronosWeb (https://coruna.gal/CronosWeb/Login), accedendo de forma identificada.
  • Movemento da listaxe de agarda: 26 de xuño ao 2 de xullo. Só haberá un único chamamento: todas as persoas que estean na listaxe de agarda recibirán un correo electrónico en que se indique a disposición de prazas libres, as cales se adxudicarán por estrita orde de chegada ás oficinas ata acadar as prazas no curso solicitado.

Límite de solicitudes: cada persoa poderá presentar unha única solicitude. No caso de rexistrar no mesmo prazo máis dunha solicitude para Cursos ou para Actividades, sempre se terá en conta a última, anulando con esta todas as feitas con anterioridade.

Solicitude familiar: para colaborar na conciliación familiar, aquelas persoas que desexen optar ao mesmo curso deberán cubrir un único formulario de preinscrición no que reflectirán a todos/as os/as menores, coa condición de que sexan membros da mesma unidade familiar ou que demostren convivencia no mesmo domicilio.

Durante o prazo de corrección, non se aceptarán novas solicitudes nin se poderán facer cambios nos cursos ou actividades solicitadas.

Logo de recibir todas as solicitudes e unha vez finalizado o prazo de corrección de erros, asignaráselle un número a cada solicitude por orde cronolóxica de entrada. Unha vez asignado, no resto do procedemento atenderase sempre a ese número.

SORTEO

Naqueles cursos nos que a demanda sexa maior que a oferta, procederase a asignar as prazas a partir dos números de solicitude, conforme ao sorteo público.

Orde de preferencia para a asignación de prazas: nos supostos en que o número de prazas solicitadas sexa maior das ofertadas, para a orde de preferencia terase en conta:

  1. As persoas empadroadas no Concello da Coruña.
  2. A orde de preferencia nas actividades indicadas na solicitude.
  3. O sorteo de prazas segundo o número de solicitude asignado, e conforme ao número que saíse no sorteo público.

Requisitos para poder participar neste programa

  • Saber nadar 25m sen material auxiliar
  • Cumprir coa idade mínima establecida para cada curso ou actividade, referida á que o/a alumno/a debe ter a 31 de decembro de 2026.

Custo dos cursos:

  • CURSOS SEMANAIS (de cinco días, de luns a venres):
    • Menores de 18 anos: : 8,74 €
    • 18 anos e maiores de 18 anos: 10,92 €
  •  BAUTISMOS NO MAR: Actividades puntuais (dun día: sábado ou domingo): 8,73 €

Estes prezos estarán regulados pola Ordenanza Fiscal Nº15 - TAXA POLA PRESTACION DE SERVIZO EN INSTALACION DEPORTIVAS MUNICIPAIS

Pode facer a solicitude no formulario inserido na seguinte ligazón, o prazo remata o 29 de maio de 2026, ás 23.59h.

Pode consultar as bases completas na seguinte ligazón ou no documento adxunto ao pe da páxina:

A continuación pode consultar a oferta de cursos semanais e actividades puntuais do programa Coruña no Mar 2026:

CURSOS INTENSIVOS SEMANAIS - CORUÑA NO MAR 2026 (De luns a venres)

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO IDADES LOCALIZACIÓN ENTIDADE
CS51 Surf  1ª Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo  11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán Brava Surf
CS01 Surf   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán Brava Surf
CS02 Surf   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán Brava Surf
CS03 Surf   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán Brava Surf
CS04 Surf   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán Brava Surf
CS05 Surf   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán O Son do Mar
CS06 Surf   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán O Son do Mar
CS07 Surf   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán O Son do Mar
CS08 Surf   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   11:00 a 13:00h   10 a 17 anos Praia do Orzán O Son do Mar
CS09 Paddlesurf   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS10 Paddlesurf   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS11 Paddlesurf   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS12 Paddlesurf   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS13 Paddlesurf   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS14 Paddlesurf   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS15 Paddlesurf   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS16 Paddlesurf   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:30 a 18:30h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS17 Vela Lixeira   1º Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS18 Vela Lixeira   1º Quenda: 29 de xuño ao 3 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS19 Vela Lixeira   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS20 Vela Lixeira   2ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS21 Vela Lixeira   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS22 Vela Lixeira   3ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Marítimo Oza O Puntal Club Marítimo Oza O Puntal
CS23 Vela Lixeira   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS24 Vela Lixeira   4ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS25 Vela Lixeira   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS26 Vela Lixeira   5ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS27 Vela Lixeira   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS28 Vela Lixeira   6ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Club Náutico Marina Coruña Club Náutico Marina Coruña
CS29 Vela Lixeira   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS30 Vela Lixeira   7ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS31 Vela Lixeira   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS32 Vela Lixeira   8ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS33 Vela Lixeira   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   8 a 17 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS34 Vela Lixeira   9ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   Máis 18 anos Real Club Náutico de La Coruña Real Club Náutico de La Coruña
CS35 Windsurf   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS36 Windsurf   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS37 Windsurf   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS38 Windsurf   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS39 Windsurf   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS40 Windsurf   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS41 Windsurf   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS42 Windsurf   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   17:00 a 19:00h   Máis 13 anos Base Náutica Praia de Oza Club de Vela Playa Oza
CS43 Piragüismo   1ª Quenda: 6 ao 10 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS44 Piragüismo   2ª Quenda: 13 ao 17 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS45 Piragüismo   3ª Quenda: 20 ao 24 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS46 Piragüismo   4ª Quenda: 27 ao 31 de xullo   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS47 Piragüismo   5ª Quenda: 3 ao 7 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS48 Piragüismo   6ª Quenda: 10 ao 14 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS49 Piragüismo   7ª Quenda: 17 ao 21 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias
CS50 Piragüismo   8ª Quenda: 24 ao 28 de agosto   16:00 a 18:00h   6 a 20 anos Base Náutica Praia de Oza Sociedade Deportiva As Xubias

ACTIVIDADES PUNTUAIS - CORUÑA NO MAR 2026 (Un día: sábado ou domingo)

CODIGO ACTIVIDADE DATAS HORARIO IDADES LOCALIZACIÓN ENTIDADE
AF01 Natación Augas Abertas   Sábado 4 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF02 Natación Augas Abertas   Sábado 4 de xullo   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF03 Natación Augas Abertas   Sábado 18 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF04 Natación Augas Abertas   Sábado 18 de xullo   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF05 Natación Augas Abertas   Sábado 1 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF06 Natación Augas Abertas   Sábado 1 de agosto   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF07 Natación Augas Abertas   Sábado 15 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF08 Natación Augas Abertas   Sábado 15 de agosto   12:00 a 14:00h   8 a 17 anos Zona Baño Dársena Parrote Club Hércules XTRM
AF09 Kaiak   Sábado 4 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF10 Kaiak  Sábado 18 de xullo   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF11 Kaiak  Sábado 1 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF12 Kaiak  Sábado 15 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF13 Kaiak  Sábado 29 de agosto   10:00 a 12:00h   Máis 12 anos Club do Mar de San Amaro Club del Mar de San Amaro
AF14 Pesca   Domingo 5 de xullo   10:00 a 13:00h   Máis 8 anos Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF15 Pesca   Domingo 12 de xullo   10:00 a 13:00h   Máis 8 anos Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF16 Pesca   Domingo 26 de xullo   10:00 a 13:00h   Máis 8 anos Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF17 Pesca   Domingo 9 de agosto   16:00 a 19:00h   Máis 8 anos Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro
AF18 Pesca   Domingo 23 de agosto   16:00 a 19:00h   Máis 8 anos Dársena da Mariña Club del Mar de San Amaro

Documentos relacionados

  • BASES - Coruña no Mar 2026 (430 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión