Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Deportes

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Convocatoria de renovación - EDM 2026-27

ANUNCIO

Todas as publicacións relativas a este proceso se farán polos seguintes medios:

  • Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes
  • Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais

Así mesmo, poderase obter información no teléfono gratuíto de atención á cidadanía 010.

Pode consultar as bases desta convocatoria no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón: 

30 de xuño - CAMBIOS DE HORARIO - ASIGNACIÓN

Publícase a LISTAXE DEFINITIVA de cambio de hora concedidas, ao non ser necesario facer sorteo. Pode consultar o documento na seguinte ligazón:

FORMALIZACIÓN DO CAMBIO:

  • 1 ao 3 de xullo PRESENCIALMENTE no rexistro do Servizo Muncipal de Deportes na Cidade Deportiva de Riazor en horario das 08.15 ás 13.30 h, tendo preferencia de atención quen teña cita previa (Cita Previa).

Estes cambios non serán efectivos sen o paso de formalización na oficina de rexistro do SMD da Cidade Deportiva de Riazor.

22 de xuño - CAMBIOS DE HORARIO - PROVISIONAL

Publícase a LISTAXE PROVISIONAL de solicitudes de cambio de hora rexistradas polo Servizo Municipal de Deportes. Pode consultar o documento actualizado na seguinte ligazón:

SEGUINTES FASES:

  • SORTEO (no caso de ser necesario): 26 de xuño
  • PUBLICACIÓN DE CAMBIOS ADMITIDOS: 30 de xuño
  • FORMALIZACIÓN DO CAMBIO: 1 ao 3 de xullo PRESENCIALMENTE no rexistro do Servizo Muncipal de Deportes na Cidade Deportiva de Riazor en horario das 08.15 ás 13.30 h, tendo preferencia de atención quen teña cita previa.

Estes cambios non serán efectivos sen o paso de formalización na oficina de rexistro do SMD da Cidade Deportiva de Riazor.

No caso de ter calquera dúbida pode dirixirse á Oficina de Coordinación das EDM en horario de atención ao público das 08.15 ás 15.00 h.

12 de xuño - CAMBIOS DE IDADE AGÁS 9-11 ANOS E 12-17 E CAMBIOS DE IDADE PERSOAS ADULTAS +18 A +65 ANOS E +65 A +80 ANOS

Publícase a listaxe de solicitudes do alumnado que cambia de grupo por idade nos grupos que inicialmente tiñan problemas de praza na franxa de idade 9-11 anos e 12-17 anos para o curso 2026-2027.

Dado que todo o alumnado obtivo praza na súa primeira opción, non é necesario realizar sorteo. Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:

A matrícula poderase formalizar do 19 ao 25 de xuño no grupo que corresponda á OPCIÓN 1.

O alumnado que non respondeu o formulario no prazo establecido ten que concorrer na convocatoria de Novas Solicitudes para o curso 2026/27.

Así mesmo publícanse as solicitudes voluntarias de cambio de grupo por idade de persoas adultas de +18 anos a +65 anos e dos cambios de +65 anos a +80 anos. Pode consultar as listaxes nas seguintes ligazóns:

Neste caso, non é necesario o sorteo, polo que directamente poderá formalizar a matrícula no grupo asignado do 19 ao 25 de xuño de 2026.

15 de maio - LISTAXE DEFINITIVA DE RENOVACIÓNS

Unha vez rematado o prazo de alegacións publícase a listaxe definitiva de alumnado das EDM do curso 2025/26 que ten dereito a renovación para o curso 2026/27. Pode consultala na seguinte ligazón:

Matrículas: en xeral do 18 de maio ao 1 de xuño de 2026, ambos incluídos

Habilitaranse dúas canles para as renovacións:

O acceso efectuarase de xeito identificado. No caso de menores, será o pai, a nai ou titor/a quen actúe como operador e tramite a matrícula.

Lugar

Datas

Horario

En liña

Matrículas ordinarias

18 de maio a 1 de xuño

Ininterrompido, as 24 horas do día

Cambios de idade*

19 a 25 de xuño

  • Presencial: nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes:

Oficina

Datas (de luns a venres, excluídos os festivos)

Horario

C.D. Riazor

Matrículas ordinarias

18 de maio a 1 de xuño

08:15-14:00

Cambios de idade*

19 a 25 de xuño

08:15-13:30

Cambios de horario**

1 a 3 de xullo

08:15-13:30

      Para EDM que se realicen nas instalacións:

  • Complexo Deportivo Municipal de San Diego: de luns a venres de 8:00-22:00 horas e sábados de 9:00-14:00 horas
  • Piscina Municipal de Santo Amaro: de luns a xoves de 9:30-19:30 e venres de 9:30-19:00 horas

8 de maio - RENOVACIÓN EDM 2026-27 (Extracto das Bases)

Terán dereito a renovar nas EDM todas as persoas que figuran inscritas como alumnado no curso 2025-26, sempre que a actividade teña continuidade no curso 2026-27 e cando a persoa cumpra cos requisitos de idade, asistencia e condición física necesarias para realizar a dita actividade, tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de Santo Amaro.

A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2025-26, salvo aquelas persoas que deban cambiar de grupo por idade e sen prexuízo dos reaxustes de horarios que poida efectuar o SMD.

O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada.

Considerarase a idade referida e cumprida na data do 31 de decembro de 2026.

DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS

Listaxe provisional de renovación EDM 2026-27:

  • O SMD publicará na páxina web municipal www.coruna.gal/deportes  e nos taboleiros de anuncios dos centros deportivos a listaxe do alumnado que poderá renovar. Tamén se poderá consultar no teléfono de atención á cidadanía 010.
  • Para as actividades desenvolvidas no Complexo Deportivo de San Diego ou na Piscina Municipal de Santo Amaro será necesario consultar nas propias instalacións.

Na seguinte ligazón pode consultar o alumnado que: ten dereito a renovar, o que cambia de idade, o que non ten continuidade nas EDM ou aqueles casos aos que non corresponde renovación:

Presentación de alegacións á listaxe: 11 e 12 de maio de 2025. As alegacións poderanse realizar por medios electrónicos nos rexistros de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente na oficina situada na instalación deportiva da C.D. Riazor preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/.

Listaxe definitiva de renovación EDM 2026:27: publicarase o 15 de maio.

Matrículas: en xeral do 18 de maio ao 1 de xuño de 2026, ambos incluídos

Habilitaranse dúas canles para as renovacións:

O acceso efectuarase de xeito identificado. No caso de menores, será o pai, a nai ou titor/a quen actúe como operador e tramite a matrícula.

Lugar

Datas

Horario

En liña

Matrículas ordinarias

18 de maio a 1 de xuño

Ininterrompido, as 24 horas do día

Cambios de idade*

19 a 25 de xuño

  • Presencial: nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes:

Oficina

Datas (de luns a venres, excluídos os festivos)

Horario

C.D. Riazor

Matrículas ordinarias

18 de maio a 1 de xuño

08:15-14:00

Cambios de idade*

19 a 25 de xuño

08:15-13:30

Cambios de horario**

1 a 3 de xullo

08:15-13:30

      Para EDM que se realicen nas instalacións:

  • Complexo Deportivo Municipal de San Diego: de luns a venres de 8:00-22:00 horas e sábados de 9:00-14:00 horas
  • Piscina Municipal de Santo Amaro: de luns a xoves de 9:30-19:30 e venres de 9:30-19:00 horas

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE

A) Cambios de grupo por idade de matriculación directa:

Inclúense neste caso aqueles cambios nos que non hai problemas de praza na seguinte franxa de idade.

  • Matrícula: do 19 ao 25 de xuño

B) Cambios de grupo por idade EXCEPCIÓNS/AGÁS:

AGÁS menores de idade (6-17 anos): que non dispoñen en primeira instancia de prazas ou teñen varias opcións de horario.

Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razón de ratio, nivel, dispoñibilidade de praza etc. (art. 21.8 Normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades). Os grupos afectados son os seguintes:

Cambio de 6-8 anos a 9-11 anos:

  • Alumnado de Natación de 6 a 8 anos, con cambio a Natación de 9 a 11 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Minitenis de 6 a 8 anos na C.D. Torre, con cambio a Tenis de 9 a 11 anos na Cidade Deportiva de Riazor, C.D. Torre e P.º Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Patinaxe de 6 a 8 anos da Pº Nº1 de Riazor, con cambio a Patinaxe de 9 a 11 anos.

Cambio de 9-11 anos a 12-17 anos:

  • Alumnado de Boxeo de 9 a 11 anos da C.D. Riazor con cambio a Boxeo de 12 a 17 anos na C.D. Riazor.
  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos de C.D. Riazor con cambio a Tenis de 12 a 17 anos na C.D. Riazor.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos da Pº Novo Mesoiro con cambio a Tenis de 12 a 17 anos no Pº Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos da C.D. Torre con cambio a Tenis de 12 a 17 anos na C.D. Torre.
  • Alumnado de Patinaxe de 9-11 anos da Pº Nº1 de Riazor que pasa a Patinaxe de 12-17 anos.

O alumnado destes grupos deberá realizar o seguinte procedemento intermedio:

  • Solicitude de preferencia de horario: do 18 de maio ao 1 de xuño de 2026, a través dun formulario en liña cuxa ligazón lles será enviada por correo electrónico ás familias do alumnado afectado.
  • Publicación da listaxe de solicitudes: 12 de xuño
  • Sorteo: o 15 de xuño. O sorteo realizarase no caso de rexistrárense máis solicitudes que prazas dispoñibles.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 16 de xuño
  • Matrícula: do 19 ao 25 de xuño (conxuntamente cos cambios de grupo directos)

B.2) AGÁS +18 anos e AGÁS +65 que cambian a + 80 ( Riazor Mantemento):

Alumnado das EDM DE ADULTOS +18 que voluntariamente ou que por razón do seu nivel físico desexen cambiar a EDM DE ADULTOS +65.

Alumnado das EDM +65 que cambian a + 80 na actividade de Ximnasia de mantemento en Riazor.

Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razón de ratio, nivel, dispoñibilidade de praza etc. (art. 21.8 Normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades).

O alumnado que voluntariamente desexe cambiar a un grupo de +65 anos deberá realizar o seguinte procedemento intermedio:

  • Solicitude de horario, do 18 de maio ao 1 de xuño de 2026, na oficina de coordinación das EDM en horario de 08:00-14:00h. de luns a venres, cubrindo o formulario de solicitude.
  • Publicación da listaxe de solicitudes: 12 de xuño
  • Sorteo: o 15 de xuño. O sorteo realizarase no caso de rexistrárense máis solicitudes que prazas dispoñibles.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 16 de xuño
  • Matrícula: do 19 ao 25 de xuño (conxuntamente cos demais cambios de idade)

CAMBIO DE HORARIO

Só se admitirán solicitudes de cambio de horario por motivos de conciliación ou causas de forza maior e atenderanse no caso de que houbese praza.

O alumnado que solicite cambio de horario terá que ter previamente formalizada a matrícula na súa praza de orixe no período de renovación do 18 de maio ao 1 de xuño.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou Santo Amaro entre si ou co resto de instalacións.

  • Solicitude de horario, do 16 ao 18 de xuño de 2026. Poderanse realizar por medios electrónicos no rexistro de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente no rexistro situado na C.D. Riazor, preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/.
  • Publicación da listaxe de solicitudes: 22 de xuño de 2026
  • Sorteo: 26 de xuño de 2026. O sorteo realizarase no caso de rexistrárense máis solicitudes que prazas dispoñibles.
  • Publicación da listaxe de adxudicación de prazas: 30 de xuño de 2026
  • Matrícula: do 1 ao 4 de xullo de 2026 de xeito presencial nas oficinas do Palacio de Deportes de Riazor.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza fiscal número 15 do Concello da Coruña en vigor. O seu pago poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxeta.

Segundo o artigo 8 da dita ordenanza "Esixirase o depósito previo das taxas correspondentes a ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS no momento de efectuarse a matriculación. Iniciada a prestación do servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito aplicarase ao importe definitivo da taxa, polo que procederá a súa devolución se o/a alumno/a solicita a baixa na actividade con antelación ao comezo do curso..."

A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á renovación nos rexistros do SMD.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixesen o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2026.

En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar á convocatoria libre por esa ou por outra praza que saia ofertada.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Para o curso 2026-2027 como norma xeral, establécese a limitación de ocupar como máximo dúas prazas das EDM no mesmo curso, exceptuando:

  • As actividades de natación adaptada (a natación adaptada non poderá ser compatible con outro curso de natación) e natación prenatal, de forma temporal.

Esta limitación establécese considerando conxuntamente as instalacións deportivas municipais de xestión directa así como os complexos deportivos de San Diego e Santo Amaro.

Pode descargar o cadro resumo dos prazos desta convocatoria na seguinte ligazón:

​​​​​​​ Resumen Convocatoria de Renovacións - EDM Curso 2026-27

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria de renovacións - EDM Curso 2026-27 (520 KB)

Taxas EDM Vixentes

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

TAXAS EDM VIXENTES 

*Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM. 

Máis información na  Ordenanza fiscal nº 15, reguladora de la tasa por la prestación de los servicios en las instalaciones Deportivas Municipales.

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
Menores de 18 anos Actividades en auga e seco 1 día - 18,81 €
2 días - 37,60 €
3 días - 55,93€
Recuperación Funcional 2 días - 69,93 €
3 días - 84,78 €
Entre 18 e 64 anos Actividades en auga e seco 1 día - +18 anos - 28,41 €
2 días -  +18 anos - 56.83 €
3 días - +18 anos - 84,79 €
Recuperación Funcional 2 días - +18 anos - 97,92 €
3 días - +18 años - 124,92 €
Maiores de +65 anos Actividades en auga e seco 1 día - +65 anos - 5,25 €
2 días -  +65 anos - 10,49 €
3 días - +65 anos - 16,62 €
Recuperación Funcional 2 días - +65 anos - 59,31 €
3 días - +65 anos - 74,16 €

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión