ANUNCIO
Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguintes medios:
Así mesmo, poderase obter información no teléfono gratuíto de atención á cidadanía 010.
Pode consultar as bases desta convocatoria no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón:
RENOVACIÓN EDM 2026-27 (Extracto das Bases)
Terán dereito a renovar nas EDM todas as persoas que figuran inscritas como alumnado no curso 2025-26, sempre que a actividade teña continuidade no curso 2026-27 e cando a persoa cumpra cos requisitos de idade, asistencia e condición física necesarias para realizar a mesma, tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro.
A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2025-26, salvo aquelas persoas que deban cambiar de grupo por idade e sen prexuízo dos reaxustes de horarios que poida efectuar o SMD.
O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada.
Considerarase a idade referida e cumprida á data 31 de decembro de 2026.
DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS
Listaxe Provisional Renovación EDM 2026-27:
Na seguinte ligazón pode consultar o alumnado que: ten dereito a renovar, o que cambia de idade, o que non ten continuidade nas EDM ou aqueles casos aos que non corresponde renovación:
Presentación de alegacións a listaxe: 11 e 12 de maio de 2025, as alegacións poderanse realizar por medios electrónicos nos rexistros de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente na oficina situada na instalación deportiva da C.D. Riazor preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón: https://citaprevia.coruna.gal/.
Listaxe Definitivo de Renovación EDM 2026:27: Publicarase o 15 de maio
Matrículas: en xeral do 18 de maio ao 1 de xuño de 2026, ambos incluídos
Habilitaranse dúas canles para as renovacións:
O acceso efectuarase de xeito identificado. No caso de menores, será o pai/nai ou titor/a quen actúe como operador e tramite a matrícula.
|
Lugar |
Datas |
Horario |
|
|---|---|---|---|
|
En Liña |
Matrículas ordinarias |
18 de maio a 1 de xuño |
Ininterrompido, as 24 horas do día |
|
Cambios de idade* |
19 a 25 de xuño |
||
|
Oficina |
Datas (de luns a venres, excluídos os festivos) |
Horario |
|
|---|---|---|---|
|
C.D. Riazor |
Matrículas ordinarias |
18 de maio a 1 de xuño |
08:15-14:00 |
|
Cambios de idade* |
19 a 25 de xuño |
08:15-13:30 |
|
|
Cambios de horario** |
1 a 3 de xullo |
08:15-13:30 |
|
Para EDM que se realicen nas instalacións:
CAMBIO DE GRUPO POR IDADE
A) Cambios de grupo por idade de matriculación directa:
Inclúense neste caso aqueles cambios nos que non hai problemas de praza na seguinte franxa de idade.
B) Cambios de grupo por idade EXCEPCIÓNS/AGÁS:
AGÁS menores de idade (6-17 anos): que non dispoñen en primeira instancia de prazas ou teñen varias opcións de horario.
Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razón de ratio, nivel, dispoñibilidade de praza, etc. (art. 21.8 normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades). Os grupos afectados son os seguintes:
Cambio de 6-8 anos a 9-11 anos:
Cambio de 9-11 anos a 12-17 anos:
O alumnado destes grupos deberá realizar o seguinte procedemento intermedio:
B.2) AGÁS +18 anos e AGÁS +65 que cambian a + 80 ( Riazor Mantemento):
Alumnado das EDM DE ADULTOS +18 que voluntariamente ou que por razón do seu nivel físico desexen cambiar a EDM DE ADULTOS +65.
Alumnado das EDM +65 que cambian a + 80 na actividade de Ximnasia de mantemento en Riazor.
Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razón de ratio, nivel, dispoñibilidade de praza, etc. (art. 21.8 normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades).
O alumnado que voluntariamente desexe cambiar a un grupo de +65 anos deberá realizar o seguinte procedemento intermedio:
CAMBIO DE HORARIO
Só se admitirán solicitudes de cambio de horario por motivos de conciliación ou causas de forza maior e atenderanse no caso de que houbese praza.
O alumnado que solicite cambio de horario terá que ter previamente formalizada a matrícula na súa praza de orixe no período de renovación do 18 de maio ao 1 de xuño.
Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.
PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE
Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña en vigor. O seu pago poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxeta.
Segundo o artigo 8 da dita ordenanza "Esixirase o depósito previo das taxas correspondentes a ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS no momento de efectuarse a matriculación. Iniciada a prestación do servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito aplicarase ao importe definitivo da taxa, polo que procederá a súa devolución se o/a alumno/a solicita a baixa na actividade con antelación ao comezo do curso..."
A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á renovación nos rexistros do SMD.
RENUNCIA Á PRAZA
As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixeran o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2026.
En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar á convocatoria libre por esa ou por outra praza que saia ofertada.
LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA
Para o curso 2026-2027 como norma xeral, establécese a limitación de ocupar como máximo dúas prazas das EDM no mesmo curso, exceptuando:
Esta limitación establécese considerando conxuntamente as instalacións deportivas municipais de xestión directa así como os complexos deportivos de San Diego e San Amaro.
Pode descargar o cadro resumo dos prazos desta convocatoria na seguinte ligazón:
Documentos relacionados
Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais
TAXAS EDM VIXENTES
*Consultar taxas reducidas para rendemento económico ou IPREM.
Máis información na Ordenanza fiscal nº 15, reguladora de la tasa por la prestación de los servicios en las instalaciones Deportivas Municipales.
| ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS | ||
| Menores de 18 anos | Actividades en auga e seco | 1 día - 18,81 € |
| 2 días - 37,60 € | ||
| 3 días - 55,93€ | ||
| Recuperación Funcional | 2 días - 69,93 € | |
| 3 días - 84,78 € | ||
| Entre 18 e 64 anos | Actividades en auga e seco | 1 día - +18 anos - 28,41 € |
| 2 días - +18 anos - 56.83 € | ||
| 3 días - +18 anos - 84,79 € | ||
| Recuperación Funcional | 2 días - +18 anos - 97,92 € | |
| 3 días - +18 años - 124,92 € | ||
| Maiores de +65 anos | Actividades en auga e seco | 1 día - +65 anos - 5,25 € |
| 2 días - +65 anos - 10,49 € | ||
| 3 días - +65 anos - 16,62 € | ||
| Recuperación Funcional | 2 días - +65 anos - 59,31 € | |
| 3 días - +65 anos - 74,16 € | ||
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible