Concello da Coruña

Concello da Coruña

Campamentos Deportivos de Verán 2022

Os Campamentos Deportivos da Deputación deste Verán 2022 van dirixidos a nenos e nenas empadroados no Concello da Coruña nados entre o 1 de xaneiro do 2008 e o 31 de decembro do 2013.

LISTAXE DEFINITIVO DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS

Procédese á publicación da listaxe de asignación de prazas das persoas solicitantes para o Campamento de Verán 2022 - Deputación da Coruña, que terá lugar no IES Rosalía Mera (antigo IES Calvo Sotelo).

Número de corte obtido no sorteo público do 23/05/2022: 146

Pode consultalo na seguinte ligazón:

No caso de ter que avisar ás persoas en listaxe de agarda, continuaríase dende a última persoa con praza asignada (SABIO D., CLOE) seguindo este listado e tendo sempre a preferencia quen figure coma EMPADROADO/A no Concello da Coruña e que NON REALIZASE NINGÚN CAMPAMENTO de VERÁN da Deputación da Coruña.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

  • Informarase aos agraciados vía correo electrónico no momento que dispoñamos do numero de conta na que facer o ingreso, da documentación a aportar e do prazo de formalización de matricula.

SOLICITUDE DESCARTADA:  PAZ V. TRIANA unha vez rematado do prazo de emenda de erros, non cumpre o criterio de idade (nados entre o 01/01/2008 e 31/12/2013).

CRITERIOS DE ELABORACIÓN DESTA LISTAXE:

  • Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  • NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  • NON empadroados/as no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación

23 de maio - SORTEO PÚBLICO

Unha vez realizado o sorteo hoxe as 10:00h a traves da paxina web echaloasuerte.com, o resultado do mesmo e o nÚmero:

146

Pode consultar o resultado a traves da seguinte ligazón, 

Lembramos que o numero de prazas a asignar son 30

SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA:

  • LISTAXE DEFINITIVA: 25 de maio de 2022 a partir das 14:00h.
    • Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 23 de maio e as seguintes preferencias:
      1. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
      2. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
      3. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
      4. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 26 ao 31 de maio de 2022. (pendente de dispoñibilidade do numero de conta bancaria)

  • ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario): 1 e 2 de xuño

20 de maio - LISTAXE PROVISIONAL

Procedese a publicación da listaxe provisional de solicitantes para a Campaña de Veran 2022 - Deputación da Coruña que terá lugar no IES Rosalia Mera (Antigo Calvo Sotelo), pode consultalo na seguinte ligazón, tanto en modo alfabético coma por orde de número:

Ábrese un prazo de subsanación de erros dende a publicación da listaxe provisional ata o 22 de maio ás 23:59h a través do correo electrónico: gestiondeportes@coruna.gal

SEGUINTES FASES DA CONVOCATORIA

  • SORTEO: 23 de maio ás 10:00h, a cal procederase a sacar un número para establecer a orde de asignación, o cal estará comprendido entre os números da primeira e a ultima solicitude rexistradas correctamente
  • LISTAXE DEFINITIVA: 25 de maio de 2022 a partir das 14:00h.
    • Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 23 de maio e as seguintes preferencias:
      1. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
      2. Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
      3. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
      4. Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: Do 26 ao 31 de maio de 2022.

  • ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario): 1 e 2 de xuño

25 de abril - CONVOCATORIA 

SEDE CAMPAMENTO:

IES Rosalía Mera Rúa Archer Milton Huntington, 24 (A CORUÑA)

DURACIÓN: Dende o domingo 17 de xullo (chegada para cear) ata o venres seguinte 22 de xullo (saída tras o almorzo).

QUENDA: 4ª QUENDA - do 17 ao 22 de xullo

PRAZAS: 30 prazas

CHEGADA: O domingo pola tarde entre as 18:00 horas e as 19:30 horas no IES Rosalía Mera.

REGRESO: O venres seguinte, entre as 16:00 horas e as 17:00 horas.

COTA DE INSCRICIÓN: 85,00 € (oitenta e cinco euros), que se ingresarán, unha vez o/a interesado/a obteña praza, na conta determinada pola Deputación da Coruña, facendo constar "Campamento Deportivo Deputación da Coruña 2022", ademais do nome do/a participante inscrito e concello ao que pertence. As cotas ingresadas non se devolverán. O nº de conta será publicado na web da Deputación da Coruña.

INCLÚE: Transporte interno, estadía e manutención en residencia, e todo gasto que ocasionen as actividades programadas.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Roupa de rúa (pantalóns, camisas)
  • Equipamento deportivo (suadoiro, pantalóns curtos, camisetas deportivas, calcetíns, zapatillas de deportes, chanclas para a ducha, traxe de baño, útiles de praia e piscina)
  • Toallas de aseo
  • Útiles de aseo (xabón, peite, cepillo e pasta de dentes, colonia e/ou desodorizante)
  • Saco de durmir e lanterna
  • Gafas para o sol
  • Crema protectora para o sol, factor alto
  • Chuvasqueiro
  • Mochila pequena

MATERIAL: O material propio das actividades deportivas será proporcionado pola organización a cada participante durante a celebración do campamento.

PRAZOS DA CONVOCATORIA

INSCRICIÓNS: No seguinte formulario, ata o 19 de maio de 2022 ás 14:00h.

Consideracións: 

  • Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello da Coruña que non participasen en ningún Campamento de Verán da Deputación da Coruña.
  • De existir máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.
  • No caso de que se detecten máis dunha solicitude por persoa, terase en conta a derradeira realizada.

LISTAXE PROVISIONAL: 20 de maio. Neste listaxe asignarase un numero por orde de entrada a cada solicitude, o cal utilizarase para establecer o corte no sorteo de adxudicación de prazas. 

EMENDA DE ERROS: dende a publicación da listaxe provisional ata o 22 de maio ás 23:59h.

SORTEO: o día 23 de maio ás 10:00 horas, empregando a páxina web https://echaloasuerte.com/

LISTAXE DEFINITIVA: 25 de maio de 2022 a partir das 14:00h.

Esta listaxe elaborarse seguindo o número de corte establecido no sorteo do día 23 de maio e as seguintes preferencias:

  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que non realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)
  • Non empadroados no CONCELLO DA CORUÑA que realizasen campamentos de verán da Deputación (no caso de rexistrarse solicitudes)

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA: 

  • Do 26 ao 31 de maio de 2022.( APRAZADO - Informarase aos agraciados vía correo electrónico no momento que dispoñamos do numero de conta na que facer o ingreso, da documentación a aportar e do prazo de formalización de matricula).

ACTIVACIÓN DA LISTAXE DE AGARDA (no caso de que non se formalicen as 30 prazas en periodo ordinario):

  • 1 e 2 de xuño APRAZADO - CONDICIONADO a disposición do numero de conta na que facer o ingreso para os agraciados con praza

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión