Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Prazas Dispoñibles - Convocatoria E.D.M. 2022/23

Procedese á publicación das prazas dispoñibles desta convocatoria das Escolas Deportivas Municipais para o Curso 2022/23

A QUEN VAN DIRIXIDAS?

Poderán acceder a estas prazas as persoas que o desexen, sexan ou non alumnos/as das EDM.

Establécese o límite de dúas prazas por persoa nas EDM, de tal forma que se xa se alcanzou este límite non se poderá matricular en ningunha das prazas vacantes.

PERIODOS DE ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS:

  • Prazas para Escolas de 6 a 17 anos: dende o 28 de outubro ata o 23 de decembro de 2022, podendo matrícularse ata o 30 de decembro de 2022
  • Prazas para +18 e +60 anos: dende o 28 de outubro de 2022 ata o 27 de xaneiro de 2023, podendo matrícularse ata o 3 de febreiro de 2023

CADRO DE PRAZAS DISPOÑIBLES:

Pode consultar as prazas dispoñibles a continuación ou no documento adxunto ao pé da páxina, actualizadas a 27 de Xaneiro de 2023. 

Lembramos que é a última semana na que se poden realizar matrículas ou cambios de horario nas EDM neste curso. O último día para tramitar matrículas é o venres 3 de febreiro.

Non se garante a dispoñibilidade da praza no momento da formalización, dado que se adxudican por orde de chegada.

FRANXA DE IDADE GRUPO LIBRES
MÁIS 18 ANOS BADMINTON +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 4
BAILE DEPORTIVO +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 1
BALONCESTO CADEIRA RODAS +18 BARRIO ME 12:00-13:30 4
GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR LU-ME 08:00-08:45 9
GAP E BAL +18 INTENSO RIAZOR MA-XO 08:00-08:45 13
MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 20:30-21:30 1
MANTEMENTO +18 BARRIO LU-ME-VE 21:30-22:30 3
MANTEMENTO +18 SAGRADA FAM LU-ME-VE 21:00-22:00 1
MANTEMENTO +18 SAN FCO XABIER LU-ME-VE 20:00-21:00 1
PILATES +18 NOVO MESOIRO LU-ME 08:00-09:00 13
ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 08:00-09:00 24
ZUMBA +18 RIAZOR MA-XO 16:00-17:00 1
ZUMBA +18 ROSALES MA-XO 11:00-12:00 5
ZUMBA +18/+60 SAN FCO. XABIER LU-ME 18:00-19:00 1
MÁIS 60 ANOS MANTEMENTO +60 BAR MA-XO 12:00-13:00/VE11:00-12:00 1
NATACION E XIM. AC. +60 RZR LU-ME-VE 13:40-14:20 3

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA:

A matrícula formalizarase en calquera dos rexistros do Servizo Municipal de Deportes situados na C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores en horario de maña de 08:00 a 14:00h. Para acudir a estes rexistros, será necesario concertar cita previa, a través da páxina web (https://citaprevia.coruna.gal/) ou no teléfono de atención cidadá 010, deberá solicitarse unha cita por cada matrícula que se vaia realizar, de tal xeito que se unha mesma persoa vai facer máis dunha matrícula (para si mesma e outras persoas), concertará tantas citas como matrículas se queran formalizar.

Prégase máxima puntualidade. Non se atenderá a ningunha persoa antes nin depois da hora da súa cita.

Documentación que debe acompañar a Hoja de formalización de Matrícula EDM CURSO 2022/23 :(ou adxunto ao pé de páxina)

  • Menores de 14 anos: Fotocopias do DNI (de non telo, do Libro de Familia) e do DNI do pai/nai.
  • A partir de 14 anos e ata os 18: Fotocopias do DNI e do DNI dos proxenitores.
  • Alumnado suxeito a tutela, con independencia da idade: fotocopia do DNI, se o tivese e, ademais, do documento legal que a acredite e do DNI do titor/a.
  • Maiores de 18 anos: Fotocopia do DNI.

Ademais, no caso de menores de idade, acompañarase, de ser o caso, a Hoja de autorización de recogida EDM CURSO 2022/23 (ou adxunto ao pé da páxina).

CAMBIOS DE HORARIO AO LONGO DO CURSO ESCOLAR​:

Aquelas persoas que por circunstancias de conciliación laboral, persoal ou de calquera outra índole desexen cambiar o horario, na mesma modalidade deportiva, (por exemplo: de natación a natación) poderán acceder ás prazas vacantes que se publicarán cada venres, desde o 28 de outubro ao último venres de xaneiro de 2023 (respetando os periodos por franxa de idade) e que estarán a libre disposición.

No seu caso, deberán tramitar conxuntamente a baixa no grupo do que desexan marchar e a alta no novo horario, sen necesidade de aboar novamente a taxa, agás a diferencia no importe no caso de pasar dunha frecuencia menor a unha frecuencia semanal maior (por exemplo, de dous días á semana a tres días a semana).

Rematado este prazo, non se admitirán máis cambios e deberán agardar á seguinte renovación co seu conseguinte novo prazo de cambios.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

Documentos relacionados

  • Hoja de formalización de Matrícula EDM CURSO 2022/23 (622 KB)
  • Hoja de autorización de recogida EDM CURSO 2022/23 (458 KB)
  • Prazas Dispoñibles EDM Curso 2022/23 - 27/01/2023 (162 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión