Concello da Coruña

Concello da Coruña

Convocatoria Renovación EDM 2022/23

ANUNCIO

Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:

-    Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes.

-    Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais.

Asimesmo, poderase obter información no teléfono de información da cidadanía 010.

A continuación, récollese un extracto das bases da convocatoria, que pode consultar no documento adxunto ao pé da páxina ou na seguinte ligazón:  Bases da convocatoria de renovacións e novas matrículas_EDM Curso 2022-2023

10/06/2022_LISTAXE DE CAMBIOS DE HORA

Publícase a listaxe de solicitantes de cambios de hora nas actividades das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2022-23.

Logo de revisar a viabilidade das solicitudes, observouse que non foi necesaria a realización de sorteo. Porén, non todas as solicitudes foron aceptadas, por diversos motivos (inexistencia de prazas, intensidade da actividade, etc.).  

Formalización do cambio de hora: as persoas que teñen o cambio aceptado deberán acudir, co resgardo de pago da actividade na que van cambiar de hora, a calquera dos rexistros de Deportes (C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo Barrio das Flores), entre o 13 e  o 17 de xuño, en horario de 08:15 a 13:15 h., concertando cita previa.

Pode consultar a listaxe na seguinte ligazón:  Listaxe cambios de hora_EDM 2022-23

27/05/2022_LISTAXE DO ALUMNADO QUE CAMBIA DE GRUPO POR IDADE

Publícase a listaxe do alumnado que para o vindeiro curso cambia de grupo por idade, coa indicación do grupo e horario no que poderá renovar a praza para o curso 2022-23.

Listaxe alumnado cambio de idade_renovacións 2022-23

25/05/2022_LETRAS EXTRAÍDAS NO SORTEO

As letras obtidas no sorteo para establecer a orde de adxudicación das prazas nos casos de cambio de grupo por idade clasificados como AGÁS, son as seguintes:

  • Letra da inicial do 1º apelido: A
  • Letra da inicial do 2º apelido: R

SORTEO PARA OS GRUPOS DE AGÁS

Seguindo as bases da convocatoria para as persoas que cambian de grupo por idade e están nos grupos clasificados como AGÁS, e logo da indicación da preferencia de horario a través do formulario enviado ás familias, cómpre realizar sorteo para a asignación de horario e praza.

O sorteo realizarase o mércores 25 de maio, ás 10:00 h, e poderá seguirse nas seguintes ligazóns:

Sorteo para a obtención da inicial do 1º apelido.

Sorteo para a obtención da inicial do 2º apelido.

A listaxe coa adxudicación de prazas publicarase o venres 27 de maio.

BASES DA CONVOCATORIA (EXTRACTO)

A convocatoria vai dirixida a todo o alumnado matriculado nas EDM no curso 2021-2022, tanto as xestionadas directamente pola concellaría de Deportes como as que se xestionan a través das empresas concesionarias do Complexo Deportivo Municipal de San Diego e da Piscina Municipal de San Amaro, sempre e cando o dito alumnado desexe renovar a súa matrícula para o curso 2022-2023.

Terán dereito a renovar nas EDM todas as persoas que figuran inscritas como alumnado no curso 2021-22. Debido á situación sanitaria Covid-19, o dereito á renovación é independente da porcentaxe de faltas de asistencia que se tivera durante o curso. Soamente se poderá renovar cando a actividade na que se estivera matriculado teña continuidade no curso 2022-2023 e cando a persoa inscrita no anterior curso cumpra co requisito de idade e condición física necesarias para realizar a actividade.

Publicarase unha listaxe de todas as actividades das EDM e do alumnado con dereito á renovación. 

No caso de que se deba realizar un cambio de grupo por idade ou nos casos de AGÁS, a coordinación das EDM asignaralle unha praza a esas persoas noutro grupo sempre e cando iso sexa posible.

A listaxe publicarase o día 27 de abril de 2022 e contra a dita listaxe poderanse efectuar as alegacións que se estimen oportunas ata o día 29 de abril de 2022 ás 14:00 h.. As alegacións deberanse realizarse nos rexistros situados nas instalacións deportivas de C.D. Torre, C.D. Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores.

Ao mesmo tempo, as persoas interesadas poderán chamar ao número 981 18 98 00 e consultar o estado da súa renovación, en horario de atención ao público de 08:00 a 15:00h

Para a renovación de todas as actividades impartidas en San Diego e San Amaro, as listaxes das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias dos devanditos centros.

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE E AGÁS

Cambios de grupo por idade:

Sempre que se reúnan todos os requisitos establecidos, permitirase a continuación na mesma modalidade deportiva de EDM ao alumnado que por idade deba cambiar de grupo, a condición de que sexa posible polo número de prazas existentes.

En razón a iso, exceptúanse os grupos clasificados como AGÁS:

  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio  a Natación de 12 a 17 anos na Piscina Municipal de Riazor.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos, con cambio a Tenis de 12 a 17 anos na Cidade Deportiva de Riazor.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos, con cambio a Tenis de 12 a 17 anos no Polideportivo de Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Natación de 6 a 8 anos, con cambio a Natación de 9 a 11 anos na Piscina Municipal de Riazor, por teren varias opcións de horario a elexir.

AGÁS EDM: o alumnado dos grupos relacionados como AGÁS poderán solicitar praza nas EDM, indicando a súa preferencia de horario, do 2 ao 20 de maio de 2022. A solicitude realizarase a través dun formulario en liña cuxo enlace será enviado por correo electrónico ao alumnado afectado. Para estes efectos, será necesario que aquelas persoas que non teñan actualizado este dato no SMD, se poñan en contacto coa coordinación das EDM a través do teléfono 981 18 42 00 Extensión 25037 ou 25038, en horario de 08:00-15:00 h. de luns a venres.

Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razóns de ratios, niveis, dispoñibilidade de prazas, etc. (art. 21.8 normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades).

No caso de que non se poidan ubicar todos/as os/as alumnos/as que están en situación de AGAS, realizarase un sorteo e publicarase o resultado. As persoas que non obteñan praza poderán acudir á convocatoria libre no mes de setembro.

O procedemento do sorteo (sempre e cando sexa necesario) será o seguinte:

  • Ordenarase por orde alfabética de apelidos. No caso de apelidos compostos ou con preposicións, só se terá en conta a primeira letra do apelido composto e non se terá en conta nunca a letra pola que empeza a preposición.
  • Sacaranse dúas letras ao azar, sendo a primeira letra extraída a que corresponda coa inicial do primeiro apelido e a segunda a que corresponda coa inicial do segundo apelido.
  • Cubriranse as prazas libres seguindo a orde alfabética que corresponde en función das letras extraídas.

A data do sorteo, de ser preciso, publicarase na páxina web. As renovacións nestes casos farase, unha vez publicada a listaxe ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír.

CAMBIOS DE HORARIO

As solicitudes de cambio de horario (na mesma modalidade deportiva) presentaranse do 23 ao 30 de maio de 2022 nos rexistros do SMD presentando o seguinte documento: 

No caso de que para un mesmo horario se rexistren máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 9 de xuño de 2022 cun procedemento análogo ao descrito para os grupos de AGÁS.

A formalización dos cambios que sexan estimados realizaranse do 13 ao 17 de xuño de 2022 nos devanditos rexistros. Será necesario aportar o recibo de pago da renovación do curso 2022-2023 para o cambio.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS

  • Renovacións xerais: do 2 ao 20 de maio de 2022
  • Renovacións con cambio de grupo por idade: do 30 de maio ao 6 de xuño de 2022
  • Grupos clasificados como AGÁS (por non dispoñer de praza en primeira instancia ou teren varias opcións de horario a elexir):
    • Solicitudes en liña: do 2 ao 20 de maio de 2022
    • Sorteo: 25 de maio de 2022
    • Publicación de listaxes: 27 de maio de 2022
    • Renovación: do 30 de maio  ao 6 de xuño de 2022
  • Cambios de horario:
    • Solicitudes por rexistro: do 23 ao 30 de maio de 2022
    • Sorteo: 9 de xuño de 2022
    • Publicación de listaxes: 10 de xuño de 2022
    • Formalización do cambio: do 13  ao 17 de xuño de 2022

LUGAR E HORARIO

Nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade Deportiva de Riazor, na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias ou no Polideportivo do Barrio das Flores, en horario de atención ao público de luns a venres de 08:15 a 14:00 horas, concertando cita previa, sendo necesario concertar unha cita por cada renovación que se vaia tramitar.

Excepcionalmente, atenderase sen cita previa nos devanditos rexistros, tendo prioridade as persoas con cita concertada.

As renovacións das actividades das EDM que se desenvolven en San Diego e San Amaro realizaranse, nas mesmas datas, nos devanditos centros deportivos dentro do seu horario de atención ao público.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanzas Fiscal número 15 do Concello da Coruña. O seu pago poderá efectuarse tanto en efectivo como mediante tarxeta. 

A Ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán aportar a documentación preceptiva con carácter previo á data de matriculación.

O pago da taxa poderá realizarse, dentro do prazo de renovación que corresponda segundo a actividade, nos rexistros do Palacio do Deportes de Riazor, da Cidade Deportiva da Torre ou do Polideportivo do Barrio das Flores en horario de atención ao público (de luns a venres de 08:15-14:00), concertando cita previa antes de acudir a unha oficina de atención ao público.

A cita previa poderase solicitar a través da páxina web municipal, www.coruna.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.

Unha mesma persoa pode solicitar varias citas para formalizar varias matrículas.

Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas, provista co DNI e a documentación necesaria para formalizar a renovación, que está indicada no apartado 7.g) das normas xerais das bases da convocatoria.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda en función da actividade, non fixeran o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. 

A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2022. 

En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar a convocatoria libre por esa ou por outra que saia ofertada.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Para o curso 2022-2023 establécese a limitación dun máximo de dúas matrículas por alumno/a das EDM (incluíndo todas as actividades realizadas en calquera das IDM).

Exceptúanse desta regra as actividades de recuperación funcional de forma temporal e os casos de natación prenatal.

LISTAXES DO ALUMNADO CON DEREITO A RENOVAR

Tras a finalización do período de alegacións, publícase a listaxe definitiva do alumnado con dereito a renovar, coas observacións correspondentes.

Escolas Deportivas Municipais - xestión directa:  Listaxe definitivo alumnado Renovacións EDM curso 2022-23

Documentos relacionados

  • Listaxe cambios de hora_EDM 2022-23 (187 KB)
  • Listaxe alumnado cambio de idade_renovacións 2022-23 (231 KB)
  • Listaxe definitivo alumnado Renovacións EDM curso 2022-23 (838 KB)
  • Listaxe provisional alumnado - Renovacións EDM curso 2022-23 (508 KB)
  • Bases da convocatoria de renovacións e novas matrículas_EDM Curso 2022-2023 (1011 KB)
  • Folla de renovación EDM curso 2022-23 (577 KB)
  • Autorización para Menores - EDITABLE - EDM Curso 2022-23 (457 KB)
  • Solicitude Cambio de Horario - EDITABLE - EDM Curso 2022-23 (402 KB)

Cadro de Taxas 2022/23

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS* Consultar taxas reducidas por rendemento económico ou IPREM. Máis información na Ordenanza Fiscal nº 15-2022--Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións Deportivas Municipais

Menores de 18 anos

Actividades en auga e seco

1 día - 18,26 €

2 días - 36,50 €

3 días - 54,30 €

Recuperación Funcional

2 días - 67,88 €

3 días - 82,32 €

Entre 18 e 64 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +18 anos - 55,17 €

3 días - +18 anos - 82,32 €

Recuperación Funcional

2 días - +18 anos - 95,03 €

3 días - +18 años - 121,35 €

Maiores de 65 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +65 anos - 10,18 €

3 días - +65 anos - 16,14 €

Recuperación Funcional

2 días - +65 anos - 57,58 €

3 días - +65 anos - 72,02 €

Considérase a idade a 31 de Decembro de 2022

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión