Concello da Coruña

Concello da Coruña

Últimos cambios de hora admitidos - EDM 2023-24

ANUNCIO

Todas as publicacións relativas a este proceso faranse polos seguinte medios:

  • Na páxina web municipal  www.coruna.gal/deportes.
  • Nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais.

Así mesmo, poderase obter información no teléfono gratuíto de atención á cidadanía 010.

Pode consultar as bases desta convocatoria no documento adxunto no pé da páxina ou na seguinte ligazón: 

12 DE XULLO - Últimos cambios de horario admitidos para as EDM do curso 2023-24

Procédese a publicar a listaxe dos últimos cambios de horario admitidos para as actividades das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2023-24. 

Últimos cambios de horario admitidos | EDM curso 2023-24

Os cambios admitidos deberán ser formalizados os días 13 ou 14 de xullo nos rexistros das instalacións deportivas municipais (C.D. Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores) nos seus horarios de atención ao público e preferentemente con cita previa. De non formalizar o cambio no prazo indicado, entenderase que renuncian a el.

30 DE XUÑO - Listaxe de cambios de horario para as EDM do curso 2023-24

Procédese a publicar a listaxe dos cambios de horario admitidos, rexeitados e pendentes dos movementos para as actividades das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2023-24. 

Listaxe de cambios de horario | EDM curso 2023-2024

Os cambios admitidos deberán ser formalizados nos rexistros das instalacións deportivas municipais (C.D. Riazor, C.D. Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores), do 3 ao 7 de xullo, nos seus horarios de atención ao público e preferentemente con cita previa. De non formalizar o cambio no prazo indicado, entenderase que renuncian a el.

Nos casos onde se indica "SEN PRAZAS DISPOÑIBLES - PENDENTE DE MOVEMENTO", o cambio non está admitido. A admisión quedará pendente da liberación de prazas polo alumnado que formalice os cambios. O mércores 12 de xullo publicaranse os últimos movementos.

Aqueles casos coa indicación "NON PROCEDE" son cambios que non se admiten por tratárense de cambiar dun grupo de +60 a un de +18.

27 DE XUÑO - Resultado do sorteo para a adxudicación das prazas dos cambios de horario

Para as solicitudes de cambio de horario para o curso 2023-24, naqueles casos con máis demanda que prazas dispoñibles, faise necesario establecer unha orde que virá determinada polo resultado do sorteo:

  • Letra inicial do 1.º apelido: R
  • Letra inicial do 2.º apelido: G

O venres 30 de xuño publicarase a listaxe dos cambios admitidos.

A formalización dos cambios poderase realizar do 3 ao 7 de xullo, nas oficinas de rexistro da C.D. Riazor, C.D. A Torre ou Polideportivo do Barrio das Flores, no seus horarios de atención ao público e preferentemente con cita previa.

Sorteo para a adxudicación de prazas para os cambios de horario

Rematado o prazo para as solicitudes de cambio de horario e á vista de rexistrárense máis solicitudes que prazas dispoñibles nalgúns horarios, faise necesaria a realización dun sorteo para adxudicar as ditas prazas.

O sorteo realizarase o martes 27 de xuño, ás 09.00 h. Poderase seguir en directo a través da seguinte ligazón: Sorteo letras para cambios de horario

16 DE XUÑO - Cambio de grupo por idade - EDM 2023-24

Nesta fase da convocatoria poderase matricular todo o alumnado que cambia de grupo por idade, cumplida a 31 de decembro de 2023.

Prazo de matrícula: 19 e 23 de xuño

Grupos sen problema de dispoñibilidade de praza

O alumnado dos grupos que non tiñan problema de dispoñibilidade de praza, pode consultar a continuación o grupo no que lle corresponde a matrícula:

Grupos clasificados como AGÁS, que teñen problema de dispoñibilidade de prazas, os cales se indican a continuación: 

  • Alumnado de Natación de 6 a 8 anos, con cambio a Natación de 9 a 11 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Minitenis de 6 a 8 anos na C.D. Torre, con cambio a Tenis de 9 a 11 anos na Cidade Deportiva de Riazor, C.D. Torre e Pº Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos de C.D. Riazor con cambio a Tenis de 12 a 17 anos na C.D. Riazor.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos da Pº Novo Mesoiro con cambio a Tenis de 12 a 17 anos no Pº Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Patinaxe de 6 a 8 anos da Pº Nº1 de Riazor, con cambio a Patinaxe de 9 a 11 anos na Pº Nº1 de Riazor.

O alumnado destes grupos, que cubriron o formulario de solicitude e non foi necesario realizar sorteo, pode consultar a continuación o grupo no que lle corresponde a matrícula:

O alumnado que no grupo de destino figura como "CONSULTAR CON COORDINACION DAS ESCOLAS DEPORTIVAS", non fixeron o proceso de cubrir o fomulario de solicitude, polo que non se lle garante a dispoñibilidade de praza para o curso 2023-24 nas Escolas Deportivas Municipais.

13 DE XUÑO - Solicitude de Cambio de Hora - EDM 2023-24

Todo o alumnado que queira solicitar cambio de horario terá que ter formalizada a súa matrícula na súa praza de orixe no período de renovación que tivo lugar do 2 de maio ao 9 de xuño.

Nesta fase da convocatoria de renovacións non se permiten:

  • Nin cambios de modalidade deportiva
  • Nin cambios entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

As solicitudes de cambio de horario (na mesma modalidade deportiva) presentaranse do 15 ao 21 de xuño de 2023, polos medios electrónicos de rexistro de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente nos rexistros situados nas instalacións deportivas de C.D. Torre, C.D. Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores, preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón https://citaprevia.coruna.gal/, achegando o seguinte documento: 

No caso de que para un mesmo horario se rexistren máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 27 de xuño de 2023 cun procedemento de sorteo análogo ao descrito para os grupos de AGÁS.

Os cambios de horario admitidos publicaranse o 30 de xuño de 2023.  A formalización dos cambios que sexan estimados realizaranse do 3 ao 7 de xullo de 2023 nos devanditos rexistros. Será necesario achegar o recibo de pago da renovación do curso 2023-2024 para o dito cambio.

Pode consultar os horarios existentes que pode solicitar por franxa de idade, nos dous seguintes documentos:

28 DE ABRIL DE 2023 - Renovación EDM 2023-24

BASES DA CONVOCATORIA (EXTRACTO)

A renovación da matrícula vai dirixida a todo o alumnado matriculado e asistente nas EDM no curso 2022-23 que desexe renovar a súa matrícula para o vindeiro curso 2023-2024, tanto no caso das actividades xestionadas directamente polo SMD do Concello da Coruña así como polas concesionarias do Complexo Deportivo de San Diego e do Club do Mar de San Amaro.

As actividades que se estaban a desenvolver no Sporting Club Casino A Coruña pasarán a ser xestionadas directamento pola dita entidade, polo tanto os trámites para a súa inscrición realizaranse nas súas instalacións.

A renovación realizarase na actividade, no grupo e horario no que se estea inscrito/a no curso 2022-23. O SMD poderá cambiar a denominación dos grupos co fin de ordenar a oferta das EDM. Neste caso, cada persoa quedará adscrita a un grupo equivalente ao que estaba matriculada. Bases da convocatoria de renovacións_EDM Curso 2023-2024

No caso de que se deba realizar un cambio de grupo por idade ou nos casos de AGÁS, a coordinación das EDM asignaralles praza a esas persoas noutro grupo sempre e cando iso sexa posible polo número de prazas dispoñibles.

Para as actividades directamente xestionadas polo Concello, o SMD publicará a listaxe do alumnado das EDM con dereito a renovar na páxina web de Deportes www.coruna.gal/deportes, nos taboleiros de anuncios das instalacións deportivas municipais onde se pode facer a renovación e no teléfono de atención a cidadanía 010.

A listaxe provisional publicarase o 24 de abril de 2023 e contra a dita listaxe poderanse efectuar as alegacións que se estimen oportunas durante os días 25 e 26 de abril de 2023.

As alegacións poderanse realizar por medios electrónicos de rexistro de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente nos rexistros situados nas instalacións deportivas de C.D. Torre, C.D. Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores, preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón https://citaprevia.coruna.gal/

A publicación da listaxe definitiva do alumnado con dereito a renovar publicarase o 28 de abril de 2023. 

Para renovar as actividades impartidas en San Diego e San Amaro, as listaxes das persoas con dereito a renovación serán publicadas polas empresas concesionarias dos devanditos centros.

Considerarase a idade referida á data 31 de decembro de 2023.

CAMBIO DE GRUPO POR IDADE E AGÁS

Cambio de grupo por idade do alumnado menor de 18 anos:

Sempre que se reúnan todos os requisitos establecidos, permitiráselle a continuación na mesma modalidade deportiva de EDM ao alumnado que por idade deba cambiar de grupo, coa condición de que sexa posible polo número de prazas existentes.

En razón a iso, exceptúanse os grupos clasificados como AGÁS

  • Alumnado de Natación de 6 a 8 anos, con cambio a Natación de 9 a 11 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Minitenis de 6 a 8 anos na C.D. Torre, con cambio a Tenis de 9 a 11 anos na Cidade Deportiva de Riazor, C.D. Torre e Pº Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Natación de 9 a 11 anos, con cambio a Natación de 12 a 17 anos na Piscina Municipal de Riazor (de frecuencia 1 día e 2 días/semana).
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos de C.D. Riazor con cambio a Tenis de 12 a 17 anos na C.D. Riazor.
  • Alumnado de Tenis de 9 a 11 anos da Pº Novo Mesoiro con cambio a Tenis de 12 a 17 anos no Pº Novo Mesoiro.
  • Alumnado de Patinaxe de 6 a 8 anos da Pº Nº1 de Riazor, con cambio a Patinaxe de 9 a 11 anos na Pº Nº1 de Riazor.

AGÁS EDM: o alumnado dos grupos relacionados como AGÁS poderán solicitar praza nas EDM, indicando a súa preferencia de horario, do 2 ao 31 de maio de 2023. A solicitude realizarase a través dun formulario en liña cuxa ligazón seralle enviada por correo electrónico ao alumnado afectado. Para estes efectos, será necesario que aquelas persoas que non teñan actualizado este dato no SMD se poñan en contacto coa coordinación das EDM a través do teléfono 981 184 200 Extensión 25037 ou 25038, en horario de 08:00-15:00 h de luns a venres.

Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razóns de ratios, niveis, dispoñibilidade de prazas etc. (art. 21.8 normativa de uso das instalacións deportivas, EDM e outras actividades). 

No caso de que non se poidan colocar todos/as os/as alumnos/as que están en situación de AGÁS, realizarase un sorteo e publicarase o resultado. As persoas que non obteñan praza poderán acudir á convocatoria libre no mes de setembro.

O procedemento do sorteo (sempre e cando sexa necesario) será o seguinte: 

  • Ordenarase por orde alfabética de apelidos. No caso de apelidos compostos ou con preposicións, só se terá en conta a primeira letra do apelido composto e non se terá en conta nunca a letra pola que empeza a preposición.
  • Sacaranse dúas letras ao azar, a primeira letra extraída será a que corresponda coa inicial do primeiro apelido e a segunda a que corresponda coa inicial do segundo apelido.
  • Cubriranse as prazas libres seguindo a orde alfabética que corresponde en función das letras extraídas.

A celebración do sorteo, de ser preciso, realizarase o 14 de xuño e publicarase na páxina web. As renovacións nestes casos faranse unha vez publicada a listaxe ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír.

Unha vez publicada a listaxe o día 16 de xuño de 2023 ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír procederase a realizar as matrículas entre os días 19 e 23 de xuño (a.i.). As persoas que non obteñan praza poderán acudir á convocatoria libre de Novas Matrículas.

Cambio de grupo por idade do alumnado maior de idade

EDM DE ADULTOS de +18 que voluntariamente ou que por razón do seu nivel físico desexen cambiar a EDM DE ADULTOS de +60

Este alumnado poderá solicitalo do 2 ao 31 de maio de 2023. Para estes efectos, será necesario que aquelas persoas que o desexen pasen pola oficina de Coordinación das EDM en horario de 08:00-14:00 h de luns a venres para cubrir o formulario de solicitude.

Estes cambios autorizaranse nos supostos en que sexa posible por razón de ratio, nivel, dispoñibilidade de praza etc. No caso de que non se poidan colocar todos/as os/as alumnos/as nesta situación procederase a realizar un sorteo co procedemento común para todos os AGÁS (detallado no punto anterior).

Unha vez publicada a listaxe o día 16 de xuño de 2023 ou acordado co alumnado o grupo no que se vai incluír procederase a realizar as matrículas entre os días 19 e 23 de xuño (a.i.). As persoas que non obteñan praza poderán acudir á convocatoria libre de Novas Matrículas.

CAMBIOS DE HORARIO

Todo o alumnado que solicite cambio de horario terá que ter formalizada a súa matrícula na súa praza de orixe no período de renovación do 2 de maio ao 9 de xuño.

Non se permiten cambios de modalidade deportiva, nin entre as instalacións de San Diego ou San Amaro entre si ou co resto de instalacións.

As solicitudes de cambio de horario (na mesma modalidade deportiva) presentaranse do 15 ao 21 de xuño de 2023, por medios electrónicos de rexistro de entrada do Concello da Coruña ou presencialmente nos rexistros situados nas instalacións deportivas de C.D. Torre, C.D. Riazor ou Polideportivo do Barrio das Flores, preferentemente solicitando cita previa no teléfono de información gratuíta 010 ou na seguinte ligazón https://citaprevia.coruna.gal/, achegando o seguinte documento: 

Solicitude de cambio de horario EDM 2023-2024

No caso de que para un mesmo horario se rexistren máis solicitudes que prazas dispoñibles, realizarase un sorteo o 27 de xuño de 2023 cun procedemento de sorteo análogo ao descrito para os grupos de AGÁS.

Os cambios de horario admitidos publicaranse o 30 de xuño de 2023.  A formalización dos cambios que sexan estimados realizaranse do 3 ao 7 de xullo de 2023 nos devanditos rexistros. Será necesario presentar o recibo de pago da renovación do curso 2023-2024 para o dito cambio.

DATAS, LUGAR E HORARIOS PARA AS RENOVACIÓNS

  • Renovacións xerais: do 2 de maio ao 9 de xuño de 2023
  • Renovacións con cambio de grupo por idade e AGÁS: do 19 ao 23 de xuño de 2023
    • Grupos clasificados como AGÁS -18 anos (por non dispoñer de praza en primeira instancia ou teren varias opcións de horario a elixir):
      • Solicitudes en liña: do 2 ao 31 de maio de 2023
      • Sorteo: 14 de xuño de 2023
      • Publicación de listaxes: 16 de xuño de 2023
      • Renovación: do 19 ao 23 de xuño de 2023
    • Cambios de grupo de +18 a +60 anos voluntarios ou por razón do seu nivel físico:
      • Solicitudes presenciais na oficina de coordinación: do 2 ao 31 de maio de 2023
      • Sorteo: 14 de xuño de 2023
      • Publicación de listaxes: 16 de xuño de 2023
      • Renovación: do 19 ao 23 de xuño de 2023
  • Cambios de horario (logo da previa renovación da praza):
    • Solicitudes por rexistro: do 15 ao 21 de xuño de 2023
    • Sorteo: 27 de xuño de 2023
    • Publicación de listaxes: 30 de xuño de 2023
    • Formalización do cambio: do 3 ao 7 de xullo de 2023

LUGAR E HORARIO

Nos rexistros dependentes da Concellaría de Deportes situados na Cidade Deportiva de Riazor, na Cidade deportiva da Torre Arsenio Iglesias ou no Polideportivo Municipal do Barrio das Flores, en horario de atención ao público de luns a venres das 08.15 ás 14.00 horas ata o 14 de xuño e ata as 13.30 horas do 15 en adiante, preferentemente concertando cita previa. Será necesario concertar unha cita por cada renovación que se vaia tramitar.

O rexistro da Cidade Deportiva de Riazor tamén estará aberto do 15 de maio ao 9 de xuño, os martes, xoves e venres en horario das 17.00 ás 20.00 horas.

As renovacións das actividades das EDM que se desenvolven en San Diego e San Amaro realizaranse, nas mesmas datas, nos devanditos centros deportivos dentro do seu propio horario de atención ao público.

PAGO DA TAXA CORRESPONDENTE

Para que a renovación sexa efectiva o alumnado deberá pagar a taxa correspondente de acordo co previsto na Ordenanza Fiscal número 15 do Concello da Coruña en vigor. O seu pago poderase efectuar tanto en efectivo como mediante tarxeta. 

Segundo o artigo 8 da dita ordenanza "Esixirase o depósito previo das taxas correspondentes a ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS no momento de efectuarse a matriculación. Iniciada a prestación do servizo, a cantidade ingresada en concepto de depósito aplicarase ao importe definitivo da taxa, polo que procederá a súa devolución se o/a alumno/a solicita a baixa na actividade con antelación ao comezo do curso..."

A ordenanza contempla tarifas reducidas por rendemento económico ou IPREM, para o cal deberán achegar a documentación preceptiva con carácter previo á renovación nos rexistros do SMD.

O pago poderase efectuar en efectivo ou con tarxeta.

A documentación necesaria para formalizar a renovación está indicada no apartado 7.f) das normas xerais destas bases.

RENUNCIA Á PRAZA

As persoas que, rematado o prazo de renovación que corresponda, non fixesen o pagamento da taxa correspondente entenderase que renuncian á praza na que podían renovar. A dita praza pasará á convocatoria libre e ofertarase no mes de setembro de 2023. 

En todo caso, unha persoa que renunciou ou que non renovou unha praza por calquera circunstancia sempre vai poder optar a convocatoria libre por esa ou por outra que saia ofertada.

LIMITACIÓN NO NÚMERO DE ACTIVIDADES POR PERSOA

Para o curso 2023-2024 establécese a limitación dun máximo de dúas matrículas por alumno/a das EDM (incluíndo todas as actividades realizadas en calquera das IDM).

Exceptúanse desta regra as actividades de recuperación funcional de forma temporal e os casos de natación prenatal.

LISTAXES DO ALUMNADO CON DEREITO A RENOVAR

Listaxe definitiva do alumnado con dereito a renovar nas EDM de xestión directa:  Listaxe definitiva alumnado - Renovacións EDM curso 2023-24

Documentos relacionados

  • Bases da convocatoria de renovacións_EDM Curso 2023-2024 (198 KB)
  • Listaxe definitiva alumnado - Renovacións EDM curso 2023-24 (837 KB)
  • Listaxe provisional alumnado - Renovacións EDM curso 2023-24 (844 KB)
  • Solicitude de cambio de horario EDM 2023-2024 (130 KB)

Cadro de Taxas 2023-24

Información sobre as taxas municipais aplicadas ás Escolas Deportivas Municipais

ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS

TAXAS* Consultar taxas reducidas por rendemento económico ou IPREM. Máis información na Ordenanza Fiscal nº 15-2022--Reguladora da taxa pola prestación de servizos nas instalacións Deportivas Municipais

Menores de 18 anos

Actividades en auga e seco

1 día - 18,26 €

2 días - 36,50 €

3 días - 54,30 €

Recuperación Funcional

2 días - 67,86 €

3 días - 82,35 €

Entre 18 e 64 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +18 anos - 55,17 €

3 días - +18 anos - 82,32 €

Recuperación Funcional

2 días - +18 anos - 95,04 €

3 días - +18 años - 121,32 €

Maiores de 65 anos

Actividades en auga e seco

2 días - +65 anos - 10,18 €

3 días - +65 anos - 16,14 €

Recuperación Funcional

2 días - +65 anos - 57,60 €

3 días - +65 anos - 72 €

Considérase a idade a 31 de Decembro de 2023

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión