Concello da Coruña

Concello da Coruña

Deportes

Área de Fomento e Promoción da cidade

Semana Europea da Mobilidade 2026 - INICIACIÓN A MARCHA NORDICA

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE

Desde a área de Deportes proponse a incorporación no programa SEM da celebración de seis (6) saídas de marcha nórdica coa finalidade de facilitar o coñecemento e práctica desta modalidade na poboación que mellora o benestar físico e psíquico, a condición física xeral e a saúde a través dun movemento biomecánicamente correcto e simétrico.

PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas destinatarias: sen limite de idade.

Número de prazas: 20 por turno (120 prazas en total)

Turnos: SEIS (6) turnos organizados da seguinte forma:

  • Mércores 16 de setembro de 10:30 a 11:30 h. (saída desde Praza Tabacos)
  • Mércores 16 de setembro de 12:00 a 13:00h. (saída desde Praza Tabacos)
  • Venres 18 de setembro de 10:30 a 11:30h. (saída desde Praza Tabacos)
  • Venres 18 de setembro de 12:00 a 13:00h. (saída desde Praza Tabacos)
  • Sábado 19 de setembro de 10:30 a 11:30h. (saída desde zona Marina Coruña)
  • Luns 21 de setembro de 16:30 a 17:30h. (saída desde Praza Tabacos)

Saidas e chegadas: Saídas e chegadas desde Praza Fábrica de Tabacos (días 16, 18 e 21 de setembro) e Marina Coruña (día 19 de setembro), punto de encontro onde o/a monitor/a que dirixe a actividade explicará aos asistentes a técnica básica e normas da actividade, así como procederá á distribución dos bastóns de marcha nórdica necesarios para a realización da mesma.

PROCEDEMENTO DE INSCRIPCIÓN

Para a reserva de praza as persoas interesadas deberán cubrir o formularioespecífico que está a súa disposición na seguinte ligazón: 

Prazo: dende o 7 de setembro as 08:00h ata 24 horas antes do inicio da actividade

Admisión: Por orde de entrada da solicitude a traves do formulario web.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS

  • Material necesario: bastóns marcha nórdica (cedidos pola organización para a realización da actividade)
  • Taxa: gratuíto
  • Indumentaria: deportiva
  • Idade: sen límite

Entidade colaboradora: AMI (Agrupación de Montañeros Independientes)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión