Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Solicitude de Uso para Entidades - Actividades Físicas

27 DE FEBREIRO DE 2023 - 7ª MESA CONVOCATORIA ASIGNACIÓN DE USOS IDM PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA E FÍSICA

Procédese á publicación da acta da reunión da 7ª Mesa da Convocatoria para a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas para a tempada 2022-23, tras a valoración das novas solicitudes e a aceptación de disentimento de uso concedido:  7ª Mesa Convocatoria asignación usos IDM_Act. Deportiva e Física

Pode consultar a distribución definitiva de usos das IDM para ACTIVIDADE FISICA, tras a reunión da 7 ª Mesa na seguinte ligazón:  27-02-2023 - Distribución IDM Actividade Física 2022-23

27 DE XANEIRO DE 2023 - 6ª MESA CONVOCATORIA ASIGNACIÓN DE USOS IDM PARA ACTIVIDADE DEPORTIVA E FÍSICA

Procédese á publicación da acta da reunión da 6ª Mesa da Convocatoria para a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas e físicas para a tempada 2022-23, tras a valoración das solicitudes fóra de prazo e as renuncias presentadas:  6ª Mesa Convocatoria asignación usos IDM_Act. Deportiva e Física

Pode consultar a distribución definitiva de usos das IDM para ACTIVIDADE FISICA, tras a reunión da 6ª Mesa na seguinte ligazón:  27-01-2023 - Distribución IDM Actividade Física 2022-23

21 DE NOVEMBRO DE 2022 - DISTRIBUCIÓN DEFINITIVA USOS IDM - ACTIVIDADE FÍSICA 

Tras a valoración das solicitudes presentadas fóra de prazo, procédese á publicación da Instrución definitiva da distribución de usos das IDM para actividade física na tempada 2022-23.

Pode consultala na seguinte ligazón:  21-11-2022_Instrución Distribución IDM Act Fisica_actualizada

DISTRIBUCIÓN PROVISIONAL dirixida á activide fisica nas IDM - Tempada 2022-2023

Procedese a publicación da resolución provisional de distribución e instalacións deportivas para  entidades deportivas que realicen actividade física non federada, o cal pode consultar na seguinte ligazón:

Contra esta resolución poderanse presentar as alegacións que se estime oportunas no prazo de 10 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao de publicación da resolución. As alegacións deberán presentarse por rexistro de entrada do Concello da Coruña, por medios electrónicos.

As entidades comezarán coa nova distribución a partir do luns seguinte á publicación desta distribución provisional sempre e cando teñan presentada por rexistro a documentación requirida na base 9.1 da convocatoria, coa advertencia de que se se presentan alegacións podería dar lugar a un cambio no reparto das horas de uso.

No caso de que transcorrido o prazo de alegacións non se formulara ningunha, esta resolución provisional pasará a ter o carácter de definitiva.

INSTRUCIÓNS SOLICITUDE IDM - ACTIVIDADE FÍSICA

Procedese a publicación das instrucions a seguir polas entidades deportivas que realicen actividade física non federada, as cales teñen coma obxeto regular o procedemento de solicitude, asignación e uso das instalacións deportivas municipais.

Entendense como entidades que realicen actividade física (non federada):

  • Asociacións de discapacidade.
  • Ligas de peñas.
  • Ligas de empresa.
  • Centros de ensino.
  • Academias de formación.
  • Calquera outra entidade que desenvolva exercicio físico co obxectivo principal de mellorar a condición física e/ou ocupar activamente o tempo de lecer, sen participar en competicións federativas ou recoñecidas pola Administración deportiva autonómica.

PROCEDEMENTO:

  • As entidades deberán solicitar por rexistro de entrada, antes do 30 de xuño, a instalación que desexen utilizar, indicando: nome da instalación, días, horarios e actividade a realizar.
  • Deberán achegar a seguinte documentación:
  • Póliza e recibo do seguro de responsabilidade civil que cubra os riscos da actividade.
  • Póliza e recibo do seguro de accidentes deportivos dos/as participantes da actividade.
  • As solicitudes serán valoradas polo Servizo Municipal de Deportes e realizarán a  asignación da instalación deportiva solicitada ou doutra similar, tentando cumprir ao máximo posible as características da petición da entidade.
  • En caso de desconformidade, poderanse realizar alegacións á asignación provisional do 18 ao 22 de xullo.
  • A asignación de usos definitiva publicarase na web da Concellería de Deportes o 1 de agosto.

RÉXIME DOS USOS CONCEDIDOS E NORMAS DE USO

A administración municipal quedará facultada para a modificación ou suspensión puntual dos usos finalmente adxudicados en función das necesidades da Concellaría de Deportes, sen que a entidade afectada teña dereito a ningunha compensación.

O Servizo Municipal de Deportes notificaralle tal circunstancia á entidade que teña concedidos eses usos ao correo electrónico facilitado na súa solicitude cunha antelación mínima de dous días, sempre que sexa posible, e indicaráselle o motivo da suspensión.

No caso de que sexa necesario realizar calquera modificación da resolución definitiva ditarase outra resolución motivada que lle será notificada á entidade interesada e publicada na web de Deportes para o seu xeral coñecemento.

A distribución dos usos para adestramento non faculta á entidade para poder realizar unha competición deportiva dentro dos días e horarios asignados. No caso de que se teña que realizar unha competición deportiva deberá solicitalo con antelación suficiente ante o Servizo Municipal de Deportes presentando unha solicitude por rexistro.

Os usos concedidos estenderanse desde o 1 de setembro de 2022 (ou data da resolución, se esta fose posterior) ao 30 de xuño de 2023.

Cando o beneficiario resultase ser unha asociación representativa doutras entidades, na repartición de tales usos entre os seus asociados deberá darlle preferencia a aquelas instalacións que están a pedir e, en igualdade de condicións, primarase o asociado que teña un maior número de deportistas en activo.

Os usos das instalacións deportivas farase nas condicións fixadas pola presente instrución e a resolución da mesma, así como nas normas establecidas para o uso das instalacións deportivas. En consecuencia, calquera uso diferente ao concedido ou a modificación deste deberá ser formalmente solicitado pola entidade interesada, e o/a Concelleiro/a delegado/a competente resolverao.

Os adxudicatarios obríganse a utilizar as instalacións nos termos que lle foron concedidos.

A comunicación do cese temporal do uso das instalacións deportivas deberá facerse cunha antelación mínima de 2 días hábiles. Dita comunicación deberá facerse por rexistro de entrada ou Sede Electrónica,  indicando no asunto o cesamento do uso das instalacións, o período de tempo e o motivo.

No caso de que non se realice esta comunicación, o Servizo Municipal de Deportes poderá considerar que non se está a utilizar a instalación sen causa xustificada e poderá ditar unha resolución onde a entidade perda o dereito ao uso da instalación.

O Servizo Municipal de Deportes levará un control exhaustivo do uso das instalacións deportivas municipais por parte das entidades que o teñen concedido. Dito control realizarase polo persoal de conserxería de cada instalación e será anotado no programa informático de xestión de accesos do Servizo Municipal de Deportes.

No caso de que se produza infrautilización das instalacións por parte das entidades sen causa xustificada informaráselle desta circunstancia á Concellería de Deportes que ditará unha resolución pola que a entidade perderá o dereito ao uso da instalación nesas horas infrautilizadas durante o que resta de tempada.

Considerarase que existe infrautilización dunha instalación cando se dea calquera das seguintes circunstancias:

  1. Que o equipo falte aos adestramentos na instalación 3 días sen xustificación.
  2. Que non acuda ao adestramento o 60% do equipo sen causa xustificada.

En ningún caso se permitirá que unha entidade solicite unha instalación deportiva e posteriormente non realice o adestramento como tal, senón que se faga de forma individual por parte dos/as socios/as. Isto será considerado un caso de infrautilización da instalación e dará lugar á perda do dereito a gozar da instalación nesas horas para o resto da tempada.

A entidade non poderá transferir total ou parcialmente a terceiros alleos á mesma, os usos concedidos nin desenvolver unha actividade distinta á que describiu na súa solicitude de participación na presente convocatoria; salvo que para isto último conte con autorización expresa do Concello.

No caso de cambios nos datos da solicitude, as entidades terán que comunicalo ao Servizo Municipal de Deportes.

As entidades beneficiarias asumirán os danos que se ocasionen a terceiros ou aos propios bens municipais con motivo da devandita utilización da instalación deportiva.

Pode consultar a oferta de horas na seguinte ligazón:

Oferta horas usos IDM tempada 2022-23

EFECTOS DO INCUMPRIMENTO DAS NORMAS DE USO

Constatado documentalmente o incumprimento de calquera das normas de uso da instalación, trasladaráselle por escrito á entidade para que formule as alegacións e presente as probas correspondentes en defensa das súas pretensións. Instruído o correspondente procedemento, ditarase a resolución administrativa que corresponda.

No suposto de non serlle imputable á entidade darase orde de arquivo, e no caso de existir responsabilidade da entidade resolverase con:

  1. Apercibimento á entidade se non ten precedente algún na condición incumprida.
  2. Se ten precedente de incumprimentos, abrirase un expediente sancionador co seguinte procedemento:
    • Falta leve: neste caso sancionarase á entidade responsable do incumprimento a 1 semana sen acceso a adestramentos ou competicións nas instalacións deportivas municipais.
    • Falta grave: esta falta resulta de incorrer 3 veces nunha falta leve. Neste caso sancionarase a entidade responsable do incumprimento a 4 semanas sen acceso a adestramentos ou competición nas instalacións deportivas municipais.
    • Falta moi grave: esta falta resulta de incorrer de novo noutro incumprimento. A sanción a aplicar será a expulsión da entidade responsable polo que resta da temporada deportiva.
  3. Revogación do uso concedido. No caso de que o incumprimento se refira á non utilización ou infrautilización  da instalación, a revogación limitarase a esa hora e día da semana que non está utilizando.

Todo iso sen prexuízo de que provisionalmente se suspenda o uso durante a tramitación do correspondente procedemento.

Pode descargar estas instrucions no documento adxunto ao pede páxina

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión