Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Obxectivo temático 4 (OT4): apoio da transición cara a unha economía de baixas emisións de carbono
O OT 4 de EidusCoruña céntrase no fomento da mobilidade urbana sustentable, mellora da eficiencia enerxética e aumento das enerxías renovables en áreas urbanas.
O Plan de Implementación da estratexia EidusCoruña contribúe a este Obxectivo Temático a través das seguintes Liñas de Actuación (A):
A 11. Programa de promoción da mobilidade a pé, a través de solucións de accesibilidade e diversificación de medios de mobilidade e permeabilidade transversal en vias da cidade así como dotación de percorridos peonís
A 13. Fomento e ampliación de camiños escolares intergeneracionales: implementación de actuacións urbanísticas para mellorar a accesibilidade de nenos, maiores e persoas con mobilidade reducida.
A 14. Fomento da mobilidade en bicicleta, mediante a dotación de percorridos ciclables xunto coa renovación e ampliación da infraestrutura de aluguer de bicicleta eléctrica.
A 15. Concepción e uesta en marcha de novos modelos mulifuncionales de marquesiña para o transporte público urbano.
A 17. Substitución de luminarias contaminantes, aumento da dotación de tecnoloxía de regulación da iluminación e solucións lumínicas para espazos concretos.
A 18. Dotación de enerxías renovables en edificios públicos de carácter social
Pero ademais, completa o desenvolvemento da estratexia global coas actuacións que se poidan vincular ás seguintes Liñas de Actuación
A 12. Mellora da accesibilidade a edificios privados nos barrios da Cidade
A 16. Implantación de intercambiadores de transporte colectivo na cidade baixo o concepto da optimodalidad (autobús, tren de proximidade, barco, bicicleta)
A 19. Impulsar a rehabilitación enerxética do parque de vivenda dos barrios da cidade (IDAE, INEGA, etc.)
Para coñecer a situación das obras na cidade tamén podes consultar o
Mapa de obras Eidus
.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible