Concello da Coruña

Concello da Coruña

Preinscrición para o periodo vacacional de Entroido 2026 nos espazos de atención á infancia

EAI

PREINSCRICIÓN: 19, 20 e 21 de xaneiro

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a pre-inscrición online na páxina https://www.coruna.gal/igualdade

HORARIO PRESENTACIÓN: Nos horarios de apertura do servizo en calquera dos Espazos de Atención á Infancia e Ludotecas Coeducativas. Tamén se poderá facer a pre-inscrición online na páxina:  Inscrición canguros en liña

Será necesario:

  • Cubrir a folla de solicitude, que de non facelo en liña, poderá facelo presencialmente ( Folla inscrición vacacións entroido 2026 )
  • Ter o expediente actualizado.
  • Aportar documentación xustificativa dos ingresos da unidade familiar (ambos proxenitores, se procede): nóminas, último pago de autónomos, prestacións, outros.

PUBLICACIÓN LISTAS DE ADMITIDOS/AS: 2 de febreiro no taboleiro dos Espazos de Atención á Infancias e Ludotecas Coeducativas ou no 010.

DIAS DE ATENCIÓN: 16 Y 18 DE FEBREIRO

HORARIOS DOS ESPAZOS:

  • LABAÑOU/ROSALES: de 8:00 A 15:00 horas.
  • CASTRILLÓN: de 16:00 a 20:30 horas.
  • MONTE ALTO: de 8:00 a 15:00 horas.
  • OS MALLOS: de 8:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 20:30
  • PALAVEA: de 8:30 a 14:00 horas
  • MESOIRO: de 8:00 a 15:00 horas.

Só se poderá solicitar un único Espazo en horario de mañá e un único Espazo en horario de tarde. De solicitar máis dun Espazo no mesmo horario a solicitude será anulada.

As persoas que precisen a modalidade de atención a domicilio deberán chamar ao Servizo de Canguraxe para facer a correspondente xestión.

Teléfono de atención do Servizo de Canguraxe 673 132 372 en horario de 8:00 a 14:00 horas

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión