Concello da Coruña

Concello da Coruña

SIGU

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade

Canles:

Telemático

Nivel de tramitacion electronica:

Descarga e envío do formulario

Tipo:

Axudas, becas e subvencións

Materia:

Sector público, Sociedade e benestar

Vixente:

Si

FASE DE XUSTIFICACIÓN

O prazo de presentación das xustificacións será ata o 31 de marzo de 2026. A documentación xustificativa deberá presentarse a través do trámite desta sede de Achega de documentación

Subvencións destinadas a actividades de interese social en materia de Igualdade e Diversidade para o exercicio 2025

Inscricións:

Dende o 04/06/2025 ata o 02/07/2025

Sobre o procedemento

A quen vai dirixido?:

Persoas físicas, xurídicas, agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, estean validamente constituídas e poidan levar a cabo as actividades ou proxectos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.

Requisitos:

INFORMACIÓN DA CONVOCATORIA

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos do artigo 13 de Lei Xeral de Subvencións así como os da convocatoria.

Estes requisitos deberán manterse ao longo do ano da convocatoria. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorrese o prazo de prescrición previsto nos artigos 39 e 65 da Lei Xeral de Subvencións.

A entidade deberá asinar a correspondente declaración relativa ao cumprimento destes requisitos e que figura no Anexo S1.

(** En relación ao requisito de Inscrición no REMAC, no suposto de non estar inscritos, deberá solicitar a súa inscrición, utilizando o trámite REMAC - Rexistro Municipal de Asociacións da Coruña. , debendo estar inscrita antes da data da proposta de concesión da subvención

Unha vez obtida a correspondente inscrición no REMAC, deberá comunicalo ao servizo que encargado da tramitación desta convocatoria).

Reformulación

Cando a subvención teña por obxecto o financiamento de actividades ou proxectos a desenvolver pola entidade solicitante e o importe da subvención da proposta de resolución provisional sexa inferior á que figura na solicitude presentada, de conformidade co disposto no artigo 27 da LGS, poderase instar á persoa beneficiaria á reformulación da súa solicitude, para axustar os compromisos e condicións á subvención otorgable, nun prazo non superior a cinco días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de alegacións.

Prezo / Custo:

Ningún

Órgano que resolve:

Titular da Concellería do Area de Benestar Social, Participación e Igualdade

Máis información:

  • As propostas de resolución provisional e definitiva non crean dereito algún a favor da beneficiaria proposta fronte á Administración, mentres non se lle notificou a resolución da concesión.
  • Dadas as características dos destinatarios das subvencións, a contía, así como a natureza das iniciativas obxecto de subvención, poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, todo iso acorde coa Base 20 da convocatoria.

Presentación

Prazo de presentación:

20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (do 04 de xuño ao 02 de xullo, ambos inclusive).

Documentación necesaria:

Formulario web, debidamente cuberto.

MEMORIA: Memoria explicativa da actividade, proxecto ou actuación ANEXO S.1.

ORZAMENTOS: Orzamentos de ingresos e gastos da actividade ANEXO S.2.

OUTRAS SUBVENCIÓNS: Certificado sobre subvencións concedidas e solicitadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

PREVISIÓN DE CONTRATACIÓN: Declaración sobre previsión de contratación con persoas ou entidades vinculadas (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

CARGOS REPRESENTATIVOS E DOMICILIO SOCIAL: Certificación acreditativa dos cargos representativos e domicilio social (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DOCUMENTACIÓN XA PRESENTADA: Declaración de documentación xa presentada previamente no Concello da Coruña pola entidade (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

OBRIGACIÓNS TRIBUTARIAS: (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

DATOS BANCARIOS: Certificación datos bancarios da entidade solicitante. (CÓBRESE NO FORMULARIO WEB)

ESTATUTOS: Copia dos estatutos da entidade.

REMAC: Resolución de inscrición no REMAC. No suposto de non estar inscritos en REMAC, deberá solicitar a súa inscrición no servizo correspondente.

OUTRA DOCUMENTACIÓN: Calquera outra documentación que a entidade solicitante entenda que é pertinente para a súa mellor valoración ou detalle mediante unha memoria complementaria cuxa extensión máxima será de 6 folios.

DOCUMENTACIÓN PARA XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN

Anexo J.0 - Solicitude xustificación da subvención concedida.

Anexo J.1 - Memoria explicativa da actividade

Anexo J.2 - Balance de ingresos e gastos

Anexo J.3 - Relación detallada de ingresos e gastos

Anexo J.3A - Certificación individualizada sobre indemnizacións por razón de servizo

Documentos relacionados

  • Anexo J.0 – Solicitude xustificación da subvención concedida (160 KB)
  • Anexo J.0 – Solicitude xustificación da subvención concedida (247 KB)
  • Anexo J.1 Memoria explicativa da actividade (131 KB)
  • Anexo J.1 Memoria explicativa da actividade (227 KB)
  • Anexo J.2 Balance de ingresos e gastos (198 KB)
  • Anexo J.2 Balance de ingresos e gastos (282 KB)
  • Anexo J.3 Relación detallada de xustificantes de gastos (353 KB)
  • Anexo J.3 Relación detallada de xustificantes de gastos (488 KB)
  • Anexo J.3A Certificación individualizada sobre indemnizacións por razón de servizo (252 KB)
  • Anexo J.3A Certificación individualizada sobre indemnizacións por razón de servizo (340 KB)

Canles de presentación

Presencial

Que se necesita?:

NON ADMITE TRAMITACIÓN PRESENCIAL. É OBRIGATORIA A TRAMITACIÓN TELEMÁTICA

Internet

Que se necesita?:

Deberá dispoñer de certificado dixital .

Unha vez cuberta a solicitude telemática debe ter preparados os ficheiros que necesite para xustificar a instalación que solicita, segundo especifícase na apartado "Documentación necesaria".

No proceso de presentación solicitaráselle que asine dixitalmente a documentación presentada (deberá dispoñer de Autofirma no seu equipo), polo que non é recomendable asinar previamente a solicitude ou outros documentos.

Como se fai?:

A través desta Sede electrónica municipal.

En aplicación do artigo 14.2 da Lei 39/2015, de Procedemento Administrativo Común, teñen a obrigación de realizar este trámite, a través da Sede electrónica:

a) As persoas xurídicas.

b) As entidades sen personalidade xurídica (asociacións, sociedades civís, comunidades de propietarios, etc).

c) Quen exerza unha actividade profesional para a que se requira colegiación obrigatoria, para os trámites e actuacións que realicen coas Administracións Públicas en exercicio da devandita actividade profesional. En todo caso, dentro deste colectivo entenderanse incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís.

d) Quen represente a un interesado que estea obrigado a relacionarse electronicamente coa Administración.

Páxina web:

https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=2322

Teléfono

Despois

Prazo de resolución:

O prazo máximo de resolución e notificación/publicación da concesión das subvencións é de seis meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Sentido do silencio administrativo:

Desestimatorio

E despois?:

XUSTIFICACIÓN

O pago da subvención concedida realizarase previa xustificación pola persoa beneficiaria da realización da/s actividade/é ou proxecto/s para os que se concedeu a subvención, nos termos establecidos na normativa reguladora da subvención. Poderá acordarse o pago anticipado da subvención outorgada, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, de conformidade coas bases da convocatoria.

O prazo de presentación das xustificacións será desde o 1 de xaneiro ata o 31 de marzo de 2026. A documentación xustificativa deberá presentarse a través do trámite desta sede de Achega de documentación.

Actualidade

Máis información

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión