Os cometas serán os protagonistas do firmamento
Este mes de maio, por unhas ou outras razóns, os cometas serán os protagonistas do ceo nocturno. Por unha banda, o cometa Atlas irá crecendo en brillo a medida que avanza o mes, e aínda que a evolución dun cometa sempre é moi imprevisible, todo indica que chegará a verse a primeira ollada. Poderémolo atopar sobre as luces do atardecer antes do seu máximo achegamento á Terra, o día 23. Tede en conta que dicimos «achegar» en termos astronómicos, porque nese momento o cometa estará a máis de cen millóns de quilómetros de nós.
Tamén relacionada cun cometa, neste caso o Halley, temos a choiva de estrelas fugaces das Eta Acuáridas, que teñen o seu pico o 6 de maio. Con todo, este ano non vai ser especialmente bo para esta corrente de meteoros, porque a presenza dunha lúa case chea impedirá ver a maior parte deles.
A situación dos planetas é semellante á que vivimos no mes de abril. Ata mediados de maio, Venus seguirá dominando o crepúsculo ao comezo da noite, mentres Júpiter, Saturno e Marte irán saíndo polo leste nesa orde ata a chegada do novo día.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible