Unha sinxela experiencia pode motivar as/os máis pequenas/os para lavar as mans.
Son numerosos os exemplos de avances científicos que forman xa parte da nosa vida cotiá, que cambiaron os nosos costumes e ata a nosa forma de ver o mundo. Así por exemplo, hoxe, máis que nunca, sabemos o importante que é lavar as mans, pero non sempre foi así.
Ata mediados do século XIX, no exercicio médico non se contemplaban as medidas de asepsia que hoxe en día se aplican de forma xeneralizada, como a desinfección das mans. Esta práctica tivo os seus inicios en 1847, cando o médico húngaro Ignaz Semmelweis demostrou a súa importancia á hora de reducir as infeccións e a mortalidade das mulleres que acababan dar a luz.
Durante estes días, unha das mensaxes que máis insistentemente trasladan autoridades e profesionais é o de lavármonos as mans como medida de protección fronte aos contaxios, unha acción que debería formar parte dos nosos hábitos diarios.
Para motivar as/os máis pequenas/os e axudarlles a comprender por que é importante lavar as mans, pode resultar útil esta sinxela experiencia, que se pode reproducir na casa.

3 de xullo de 2026
Unha mostra colectiva de historietas de cómic que abordan diferentes perspectivas das eclipses.

3 de xullo de 2026
Faleceu tras 20 anos de vida no acuario coruñés

26 de xuño de 2026
A Casa das Ciencias estrea «3CLIPSE», unha experiencia inmersiva para descubrir as eclipses solares de 2026, 2027 e 2028
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible