O Planetario da Casa das Ciencias acollerá unha nova sesión de música electrónica do ciclo Modulartec-Vortex
Para público en xeral
28/06/2024
Xa rematou
A compra de entradas en liña abrirase o martes 25 de xuño ás 11.00 horas neste enderezo
Venres 28 de xuño ás 21.00 horas
Importante: unha vez iniciada a actuación non se poderá acceder á sala
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
4,12 euros
A compra de entradas en liña abrirase o martes 25 de xuño ás 11.00 horas neste enderezo
Este novo concerto do ciclo Modulartec-Vortex, que corresponde á sesión de verán, contará na parte musical con Sofía de África, artista que irrompeu hai uns anos na escena musical como selectora e Dj. Residente en Radio Relativa e Radio Flouka, esta coleccionista de vinilos é tan versátil que tanto pode poñer patas para arriba as pistas de baile co seu funk, músicas do mundo e inconfundibles merengues, como levar a cabo as mellores sesións ambient e de música electrónica experimental.
Ademais, Alina (@alinaawarhol), creadora dixital e fotógrafa da Coruña, será a encargada de dar forma en imaxes ao espectáculo musical que terá lugar no Planetario.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible