19 de novembro de 2018
Será o sábado 24 de novembro, ás 20.00 horas, con entrada libre ata completar a capacidade.
A escritora Estíbaliz Espinosa e a pianista Isabel Gómez Alonso farán un percorrido polas achegas de Antonia Ferrín, a primeira muller en defender unha tese en astronomía no Estado español, con textos sobre astronomía, acompañadas do piano, a penumbra e as estrelas.
Antonia Ferrín (Ourense, 1914 - Santiago de Compostela, 2009) licenciouse en Química, Farmacia e Matemáticas, e colaborou durante máis de 20 anos con Ramón María Aller, un dos astrónomos de máis renome de Galicia durante o século XX.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Actividades relacionadas
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible