21 de decembro de 2023
Poderase ver dende o venres 22 de decembro ata o domingo 7 de xaneiro ás 17.00 horas. Despois desa data incorporarase á carteleira do Planetario as fins de semana.
A Casa das Ciencias estrea o programa infantil de planetario a toda cúpula "Hazelnuts, en busca del planeta perfecto", pensado para nenas e nenos de 4 a 7 anos. A historia relata como dous esquíos, Nino e Lilli, farían calquera cousa por conseguir abelás (hazelnuts en inglés), e máis aínda por conseguir superabelás, que é o que cren que haberá nos brillantes planetas que poden ver todas as noites, así que se embarcan nunha aventura para intentar alcanzalos. Unha procura chea de diversión e aventuras para goce das e dos visitantes máis pequenos da Casa das Ciencias.
Xunto con Nino e a súa irmá Lilli tamén estará Leo, un bufo cariñoso e paciente, que será a voz da sabedoría nesta historia. Ao longo da película preséntanse varias ideas sobre as condicións de vida noutros planetas do sistema solar, o que levará os esquíos a comprender que poden resultar realmente hostís para os seres humanos, e que a natureza da Terra é fráxil e debemos coidala.
Unha produción de Mediastro Promotion e 3D émotion.
Programación de Nadal
> Do 22 ao 31 de decembro
11.30 h: Polaris (galego, > 7 anos)
13.00 h: La noche es necesaria (castelán, > 10 anos)
17.00 h: Hazelnuts, en busca del planeta perfecto (castelán, de 4 a 7 anos)
18.00 h: Programa especial sobre a Vía Láctea (cast/gal, > 10 anos)
Pechado o luns 25 de decembro
Os domingos 24 e 31 de decembro péchase ás 14.00 h
> Do 2 ao 7 de xaneiro
11.30 h: Polaris (galego, > 7 anos)
13.00 h: Programa especial sobre a Vía Láctea (cast/gale, > 10 anos)
17.00 h: Hazelnuts, en busca do planeta perfecto (castelán, de 4 a 7 anos)
Pechado o sábado 6 de xaneiro
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible