A entrada será gratuíta con motivo da celebración do Día da Ciencia na Rúa.
Para público en xeral
06/05/2023
Xa rematou
Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas.
Aberto das 10.00 ás 19.00 horas
Último acceso á Casa das Ciencias e Domus, ás 18.30 horas.
Último acceso ao Aquarium Finisterrae, ás 18.00 horas
Gratis.
Con reserva previa de invitacións no Aquarium Finisterrae. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
Os Museos Científicos Coruñeses celebran o 6 de maio unha xornada de portas abertas nos seus tres centros, a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, con motivo do Día da Ciencia na Rúa.
Para visitar o Aquarium Finisterrae é imprescindible realizar unha reserva de entradas, que se poderá facer cun máximo de 3 días de antelación aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
A visita á Casa das Ciencias e á Domus será libre, sen reserva previa, e sempre que a capacidade non estea completa.
As persoas que queiran asistir a unha sesión de planetario na Casa das Ciencias deberán retirar invitacións, que se repartirán media hora antes de cada sesión na recepción do museo, entregando un máximo de 2 invitacións por persoa. Haberá estas sesións:
11.00 h Directo: planeteando (máis de 10 anos, castelán)
12.00 h «Polaris» (máis de 7 anos, galego)
13.00 h Directo: na procura da estrela Rosalía (máis de 10 anos, galego)
16.00 h Directo: ás voltas coa estrela Polar (máis de 10 anos, galego)
17.00 h «El cielo de Cloe» (de 4 a 6 anos, castelán)
18.00 h Directo: constelaciones zodiacales (máis de 10 anos, castelán)
Noticias relacionadas

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible