4 de novembro de 2018
As actividades serán de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas, no edificio da entrada do parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento.
A xornada consistirá na realización de talleres, dirixidos por estudantado universitario da Asociación UDCbigbang e coa colaboración do Grupo Micolóxico Galego. Ademais, haberá unha exposición das especies de cogomelos máis representativos do momento.
A actividade está dirixida a todas as persoas, de calquera idade, que desexen iniciarse no coñecemento dos fungos. A entrada e a participación nas actividades é libre e gratuíta.
Os talleres serán os seguintes:
» Fungos microscópicos no día a día
Observación de fermentos e preparacións microscópicas de diferentes especies de fungos.
» Caderno de campo: diferentes formas no mundo dos fungos
Traballarase cunha maqueta, e propoñerase a realización de debuxos, e modelado en plastilina.
» Gabinete do micólogo
Conservación de exemplares, reactivos químicos, detalles con lupa e microscopio, claves dicotómicas...
» Comestible ou tóxico?
Mediante imaxes impresas dos cogomelos máis velenosos e as súas posibles confusións convidaranse as persoas visitantes á identificación e ao recoñecemento de diferentes características. Tipos de intoxicación.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Actividades relacionadas
23 de abril de 2024
Terá lugar o sábado 4 de maio, no Parque de Santa Margarida, de 11.00 a 19.00 horas.
22 de abril de 2024
O prazo de presentación de traballos finaliza o 3 de xuño nas oito modalidades do certame
21 de marzo de 2024
A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abren todos os días das 10.00 ás 19.00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible