Concello da Coruña

Concello da Coruña

Xornada sobre micoloxía

As actividades desenvolveranse na sala de actividades da Casa das Ciencias, no edificio que está na entrada do Parque de Santa Margarida pola rúa Padre Sarmiento.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

04/11/2018

Xa rematou

Horario:

De 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas

Enderezo:

Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña

Requisitos:

Entrada libre e gratuíta

A xornada consistirá na realización de talleres, dirixidos polo estudantado universitario da Asociación UDCbigbang  e coa colaboración do Grupo Micolóxico Galego. Ademais, haberá unha exposición das especies de cogomelos máis representativos do momento.

A actividade está dirixida a todas as persoas, de calquera idade que desexen iniciarse no coñecemento dos fungos.

Os talleres serán os seguintes:

» Fungos microscópicos no día a día

Observación de fermentos e preparacións microscópicas de diferentes especies de fungos.

» Caderno de campo: diferentes formas no mundo dos fungos

Traballarase cunha maqueta, e propoñerase a realización de debuxos, e modelado en plastilina.

» Gabinete do micólogo

Conservación de exemplares, reactivos químicos, detalles con lupa e microscopio, claves dicotómicas...

» Comestible ou tóxico?

Mediante imaxes impresas dos cogomelos máis velenosos e as súas posibles confusións convidaranse as persoas visitantes á identificación e ao recoñecemento de diferentes características. Tipos de intoxicación.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión