A sesión en directo das 18.00 h do sábado 21 de outubro estará dedicada a este aniversario
Para público en xeral
21/10/2023
Xa rematou
Ás 18.00 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
O 21 de outubro de 1923 o persoal enxeñeiro da empresa Carl Zeiss Jena Company realizou unha demostración do primeiro planetario de proxección óptico mecánico no Deutsches Museum de Munich. Aquel planetario Zeiss era o Modelo 1, precursor do que posúe a Casa das Ciencias da mesma marca, e comezou a operar ao público o 7 de maio de 1925.
O vindeiro sábado, 21 de outubro, celébranse os 100 anos do nacemento dos planetarios. A Casa das Ciencias celébrao dedicando a sesión en directo das 18.00 horas a lembrar como foi aquela demostración e a comparar o ceo que puido verse aquel día co que pode verse hoxe.

15 de maio de 2026
Está instalada na explanada exterior de acceso ao museo

30 de abril de 2026
Será o 9 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez, de 11 a 19 horas

28 de abril de 2026
Trátase de Jinzi, unha foca macho procedente do Oceanogràfic de Valencia
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible