4 de outubro de 2023
Estará dispoñible para que o goce toda a cidadanía desde o xoves 5 de outubro
O equipamento do planetario da Casa das Ciencias acaba de renovarse despois de catorce anos desde a súa última actualización, para presentar un novo sistema de proxección dixital que ofrece unha experiencia de inmersión moi superior á do sistema que substitúe, grazas á mellora na potencia dos ordenadores e as tecnoloxías de proxección. Desde agora o planetario conta con proxectores de tecnoloxía LED e o software Digistar 7, desenvolvido pola empresa americana Evans&Sutherland, o que proporcionará unha experiencia con maior resolución e imaxes máis reais para trasladarnos a outros planetas ou viaxar polo universo.
O planetario mantén ademais o seu emblemático proxector analóxico de estrelas Zeiss, que convivirá co novo sistema dixital e chegará a complementalo nalgunhas sesións.
Primeiras sesións
Nestes primeiros días de funcionamento a carteleira do planetario incluirá sesións en directo, nas que descubrir os recursos do novo sistema, e tamén a proxección dos programas Polaris, Llévame a la Luna e El cielo de Cloe. Nas sesións en directo, o persoal do planetario explícalle ao público os obxectos celestes que se poden ver na noite estrelada de cada época do ano, agora cun sistema que permite achegarse a eles como nunca ata agora na Casa das Ciencias.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
10 de setembro de 2024
Xa está aberto o sistema de solicitude de reservas para as visitas de grupos escolares á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae.
15 de agosto de 2024
A instalación conta cunha piscina de illamento con subministración continua de auga salgada entre outras novidades
23 de xullo de 2024
Un vídeo divulgativo amosa como se realiza a captura no mar e o seu traslado ao acuario coruñés.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible