5 de agosto de 2021
— Do 7 ao 18 de agosto todas as sesións de Planetario dedicarán uns minutos á choiva de estrelas fugaces das Perseidas
A choiva de estrelas fugaces das Perseidas é unha das citas anuais máis importantes para as persoas afeccionadas á astronomía. Este ano a corrente de meteoros alcanza o seu punto álxido a noite do 12 a 13 de agosto, e a Lúa crecente dos días previos favorecerá a observación. A choiva de estrelas fugaces non é un fenómeno puntual, poderemos seguir gozando delas ata finais de mes.
No período de máxima actividade poden chegar a verse máis de cincuenta estrelas fugaces cada hora baixo un ceo escuro e despexado. A contaminación lumínica fai que nas proximidades das cidades ou en zonas con iluminación forte o número de meteoros visibles diminúa.
Entre o sábado 7 e o mércores 18 de agosto todas as sesións do planetario da Casa das Ciencias incluirán recomendacións para observar as Perseidas. Para asistir a calquera sesión é preciso reservar entradas con antelación https://ticketing.coruna.eu/mc2-cc/
Sen prismáticos
Para gozar das Perseidas non se precisan instrumentos ópticos, como prismáticos ou telescopios, nin se requiren coñecementos especiais de astronomía, xa que os meteoros poden verse por toda a bóveda celeste. Iso si, todas as traxectorias teñen a súa orixe na constelación de Perseo (de aí o seu nome) que emerxe polo horizonte en dirección nordeste pasada a media noite.
As Perseidas tamén se coñecen como Bágoas de San Lourenzo, xa que o día 10 de agosto está dedicado no santoral a este diácono de Roma que sufriu martirio asado nunha grella no ano 258. Pero en realidade non son outra cousa que pequenos fragmentos da cola do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un ronsel luminoso que pode chegar a durar varios segundos. Este cometa achégase á Terra cada 120 anos, renovando a corrente de partículas que o noso planeta atravesa cada ano por estas datas, no seu percorrido ao redor do Sol.
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
19 de setembro de 2023
Terá lugar o venres 22 de setembro a partir das 18.30 horas, con entrada gratuíta ata completar capacidade
18 de setembro de 2023
Xa está dispoñible o sistema de reservas de visitas de grupos educativos para gozar do amplo programa de actividades da Casa das Ciencias, da Domus e do Aquarium Finisterrae.
11 de setembro de 2023
A actividade enmárcase dentro da colaboración do acuario coruñés coa campaña «Stop comercio invasoras»
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible