PADALTAN
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Rexistros e censos
Trámites online, Poboación e comunidades
Si
O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.
Este trámite permite efectuar a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña das persoas recentemente nacidas en familias xa empadroadas previamente.
Padrón: alta por nacemento
Calquera persoa física que desexe realizar unha alta dun/dunha recentemente nado/a.
Os/as menores de idade non emancipados/as e os/as maiores incapacitados/as deben figurar empadroados/as no domicilio dos pais ou representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir noutro domicilio.
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e a dirección das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.
Ningún
O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunícalle ao concello a información das persoas nacidas nel, que se incorporan ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se necesita esa alta inmediatemente, sen esperar a dita alta de oficio, poderá utilizar para iso este trámite.
Normativas relacionadas
A solicitude pódese realizar en calquera momento.
Libro de familia ou certificado de nacemento.
Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".
Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.
https://sede.coruna.gal/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1443
O prazo máximo será de 3 meses.
Estimatorio
Outras versións

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible