PADALTAN
Telemático, Presencial
Tramitación electrónica
Rexistros e censos
Trámites online, Poboación e comunidades
Si
O empadroamento é o acto de rexistrarse no municipio de residencia habitual e determina que a persoa é considerada veciña desa poboación. Quen resida en máis dun municipio deberá efectuar o empadroamento naquel no que viva durante máis tempo no ano.
Este trámite permite efectuar a inscrición no Padrón de habitantes da cidade da Coruña das persoas recentemente nacidas en familias xa empadroadas previamente.
A alta realízaa de oficio o concello, a persoa recentemente nacida inscribirase no domicilio no que figuren empadroadas ambas ou unha das súas persoas proxenitoras, e daráselle preferencia á inscrición materna.
Padrón: alta por nacemento
Calquera persoa física que desexe realizar unha alta dun/dunha recentemente nado/a.
Os/as menores de idade non emancipados/as e os/as maiores incapacitados/as deben figurar empadroados/as no domicilio dos pais ou representantes legais, salvo autorización por escrito destes para residir noutro domicilio.
O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e a dirección das veciñas e veciños do municipio para todos os efectos administrativos.
Todas as persoas deberán estar empadroadas no domicilio no que máis tempo residan ao ano.
Ningún
O Instituto Nacional de Estatística (INE) comunícalle ao concello a información das persoas nacidas nel, que se incorporan ao Padrón de oficio, sen intervención das persoas interesadas. Se necesita esa alta inmediatemente, sen esperar a dita alta de oficio, poderá utilizar para iso este trámite.
Normativas relacionadas
A solicitude pódese realizar en calquera momento.
Libro de familia ou certificado de nacemento.
O empadroamento realizarase no domicilio materno. En calquera outro caso requirirá a autorización expresa das persoas proxenitoras.
Os documentos especificados no apartado "Documentación necesaria".
Deberá solicitar cita previa e presentarse no momento establecido coa documentación.
Deberá dispoñer de certificado dixital.
Presentación da documentación en liña. Pulsando o botón Tramitar.
https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramitacion?method=enter&id=1443
O prazo máximo será de 3 meses.
Estimatorio
Outras versións
19 de maio de 2022
A mostra, instalada na planta baixa da Domus, está organizada pola Agrupación Astronómica Ío.
13 de maio de 2022
O mércores 18 de maio, Día dos Museos, a entrada á Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae será gratuíta; no caso do Aquarium, con reserva previa.
3 de maio de 2022
Os Museos Científicos Coruñeses celebran este día unha xornada de portas abertas
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible