Escrito por Juan Carlos Medal, Jaítos, e traducido e editado pola poeta e astrónoma amadora Estíbaliz Espinosa.
Para público en xeral
27/12/2022
Xa rematou
Martes 27 de decembro, ás 19.30 horas
Casa das Ciencias. Parque de Santa Margarita s/n. 15005 A Coruña
Entrada libre ata completar o capacidade
«El universo de Doña Urraca» foi un conto escrito para escolares polo mestre e técnico do planetario da Casa das Ciencias da Coruña Juan Carlos Medal, Jaítos, coa finalidade de servir de fábula sobre o ceo nocturno e as estrelas máis brillantes. Postumamente, pois Jaítos faleceu o 18 de xullo de 2010, ve a luz en forma de libro «O universo de dona Pega», traducido ao galego e editado por Estíbaliz Espinosa e ilustrado por Mariaxe Colaxe.
Esta edición foi posible grazas á complicidade de amizades e persoas coñecidas de Jaítos, como o astrofísico Borja Tosar ou o director dos Museos Científicos Coruñeses, Marcos Pérez Maldonado; tamén grazas á axuda do Concello da Coruña e á iniciativa O entrelazamento, promovida por Estíbaliz Espinosa ao redor da poesía, a astronomía e a música. Por iso, na presentación do próximo 27 de decembro ás 19.30 h estarán tamén os músicos Paulo Pascual, ao theremin, e Isabel Gómez Alonso, ao piano.
Neste acto lembraremos o mestre que tantas veces contou historias baixo a cúpula do Planetario que hoxe en día leva o seu nome, Juan Carlos Medal, Jaítos.

29 de outubro de 2025
Un novo programa, dirixido a público familiar, que se incorpora á carteleira do planetario da Casa das Ciencias

24 de setembro de 2025
Unha exposición retrospectiva con imaxes de astronomía de Alfredo Madrigal, un dos grandes astrofotógrafos galegos da súa xeración

20 de setembro de 2025
Os Prismas de Bronce entregaranse nun acto que terá lugar o próximo 15 de novembro no Concello da Coruña
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible