Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

11 de novembro de 2019

Semana da Ciencia 2019 nos Museos Científicos Coruñeses

A Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae serán gratis do luns 11 ao domingo 17 de novembro

Os Museos Científicos Coruñeses celebran do luns 11 ao domingo 17 de novembro sete días de portas abertas, con motivo da Semana Internacional da Ciencia 2019. Durante esa semana a entrada será gratuíta na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae.

Ademais dos contidos dos tres museos, ao longo da semana haberá outras actividades, como unha nova representación teatral de divulgación científica o venres 15, actividades interactivas relacionadas coa auga e, o sábado 16, a entrega dos Prismas á Divulgación 2019.

Este é o programa:

- Do 11 a 17 de novembro. Portas abertas na Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae, de 10.00 a 19.00 horas (o Aquarium pecha o acceso ás 18.00 horas).

- Do 14 a 17 de novembro. Actividades sobre a auga: ChoivaBox é un módulo interactivo que simula a choiva e a súa almacenaxe nunha conca hidrográfica. Actividade de realidade virtual para visualizar o interior dunha instalación de tratamento de auga. Organizado pola Cátedra Emalcsa-UDC e Emalcsa. Na Domus, no seu Laboratorio Aberto, en horario de 12.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.00 horas.

- Venres 15 de novembro. Representación teatral El enigma Agustina. Terá lugar no auditorio do Centro Ágora o 15 de novembro ás 20.00 horas, con entrada libre ata completarse a capacidade. A obra foi premiada co Prisma Casa das Ciencias á Divulgación 2019 na modalidade de mellor proxecto singular.

- Sábado 16 de novembro. Actos de entrega dos XXXII Prismas Casa das Ciencias á Divulgación.

  • 11.00 horas, na Domus. Presentación dos traballos gañadores dos Prismas 2019. Entrada libre.
  • 13.00 horas, no salón de plenos do Concello da Coruña. Entrega dos Prismas 2019.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión