Concello da Coruña

Concello da Coruña

Luz cincenta

Goza do ceo do principio da primavera

A comezos da primavera, o Sol aínda se pon bastante axiña, o que nos permite gozar do firmamento de primeira hora da noite sen ter que trasnoitar demasiado. Mirando cara ao oeste, a medida que se esvaece a luz do atardecer, aparece brillantísimo o planeta Venus, e despois as estrelas que forman o hexágono de inverno. En sentido das agullas do reloxo, e empezando encima de Venus, atopamos a Capella (na constelación da Auriga), Pólux e Cástor (Xémini), Proción (Can menor), Sirius (Can maior), Rigel (Orión) e Aldebarán (Tauro). No interior do hexágono, como se fose a guinda dun pastel, a estrela xigante vermella Betelgeuse. E esta noite, de invitada especial, a Lúa.

Se vos fixades no noso satélite, a parte en sombra non está completamente escura, senón que aparece bañada por unha luz tenue que permite distinguir o seu contorno. Esa luminosidade chámase luz cincenta, e aínda que que procede do Sol antes pasou por outro lugar. Imaxinades cal pode ser?

Para planificar observacións

Propoñémosvos un programa gratuíto para planificar as vosas observacións astronómicas. Chámase Stellarium, está feito en código libre e ten unha versión para usar directamente no voso navegador web.

Novidades

Noticias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión